Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Páxina 3 de 7 Precedente  1, 2, 3, 4, 5, 6, 7  Siguiente

Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Antía Abalo Aragunde el Ven Mar 21, 2014 3:16 am

Na miña opinión, o aborto é decisión de cada muller, cada muller ten dereito sobre o seu propio corpo, de modo que a decisión de continuar ou non co embarazo é un asunto que lle importa a ela e a ninguén máis. Pero este argumento se sostén ou cae dependendo do que pensemos acerca do feto, algúns consideran que o aborto só é preferible cando un neno non é desexado ou cando presenta problemas para a nai. O dereito a vida de un ser humano transcende ao dereito da privacidade e a liberdade de eleción.

Antía Abalo Aragunde

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 28/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Carlota roson rojo el Ven Mar 21, 2014 6:31 am

Como xa dixen estou dacordo coa elección propia da muller pois é ela a que vai ter que convivir o resto da súa vida con iso mais tamén poderíase pensar que o feito de estar subvencionado pola seguridade social debería realizarse só en casos especiais como violación, malformación do feto ou risco da nai posto que subvencionar o aborto conleva unha cantidade de diñeiro enormemente grande polo que no resto dos casos unha opción sería realizalo nunha clínica privada mais esa opción teñe un problema para as persoas que non pódense permitir acudir a un médico privado polo que o dilema é bastante complicado.
Os prezos dos abortos quirúrxicos por exemplo teñen unhos prezos incompatibles para moitas persoas, se quérese abortar na 12ª semana costa 325000 euros aproximadamente( que na miña opinión sería a data límite para facelo) e se queres realizar o aborto con pastillas na 7ª semana costaríache aproximadamente 350000 euros.

Carlota roson rojo

Mensajes : 9
Fecha de inscripción : 20/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por beatrizgomezamoedo el Ven Mar 21, 2014 10:38 am

As mulleres que abortan:
son mozas ou adultas,
usaron métodos anticonceptivos ou non os empregaron,
están casadas viúvas ou divorciadas,
están soas, acompañadas,
son católicas, xudías, evanxelistas; non creen en nada, creen en outras cousas,
no queren telos, queren telos ou xa os teñen,
son pobres ou traballan,
teñen medo de ser despedidas ou non teñen traballo,
teñen un bo salario ou non teñen nada,
mantiveron relacións sexuais co noivo, co marido, co amante,
foron violadas polo seu propio pai, na calle, por un , por varios,
están a favor do dereito a aborto, están en contra,
viven na cidade, no campo, no norte, no sur,
acoden a universidade, non rematan a escola primaria,
comparten os seus temores cos seus pais, amigas ou a ninguén.
En definitiva, anticonceptivos para non abortar, aborto legal para non morrer. ¿Por qué? Porque non queremos que morran no intento, non queremos que nos condenen a clandestinidade. Aborto legal, libre, seguro, gratuíto... Es ti somos todas. ¿ Por qué? Porque decidir fainos mulleres libres.


beatrizgomezamoedo

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 22/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Candela Otero el Sab Mar 22, 2014 1:28 am

Jorge Méndez escribiu:
Candela Otero escribiu:Na miña opinión o aborto é un tema moi delicado xa que ás veces tamén entra en xogo temas relixiosos, eu opino que soamente o aborto podería ser posible nos casos críticos (enfermedade incurable do neno que vai nacer ou outros problemas serios), ao abortar moita xente non se da conta de que esta matando a un humán, que aínda que non nacera xa vive dentro da súa nai e que hoxe en día existen moitos métodos para non quedarse embarazada sen querer e logo ter que recurrir ao aborto matando a un ser vivo.

E se esos métodos fallasen?
http://www.sec.es/area_cientifica/ponencias_comunicaciones_congresos_sec/2000_05CongresoSEC/libro/p1d.pdf

Como ves os porcentaxes nuns casos son un pouco elevados pero noutros casos non, no caso de que un dos métodos fallen existen máis cos que poderiamos evitalo. Imaxínate que nun caso a muller quédase embarazada e non quere ter o fillo pero o ten que ter, o fillo vai ser un fillo non deseado e queras que non iso afecta moito á psicoloxía do fillo ou filla, xa que os país non o tratarían tan ben coma a un fillo deseado.

Candela Otero

Mensajes : 9
Fecha de inscripción : 14/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Julián Iglesias Camiño el Sab Mar 22, 2014 4:01 am

En contraste co que di Iñigo debería dárselle cobertura legal as mulleres porque se as mulleres non poden manter aos seus fillos. Que sentido ten que elas teñan fillos?, pro non so iso tamén estou en desacordo con él con iso acerca de que as mulleres decidírono, porque as que van de festa, sobretodo xóvenes, non teñen a culpa de despertarse cambiando cueiros.

Julián Iglesias Camiño

Mensajes : 4
Fecha de inscripción : 02/02/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Julián Iglesias Camiño el Sab Mar 22, 2014 4:07 am

Como xa dixen debería de dárselle cobertura legal, pero xa non falo da muller, tamén falo do fillo, porque se nace nunha familia desestruturada ou nun país subdesarrollado, tendrá varios problemas como que o maten ou o violen. E encontraste con Méndez non sempre funcionan algún métodos anticonceptivos.

Julián Iglesias Camiño

Mensajes : 4
Fecha de inscripción : 02/02/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por AliciaPardo el Lun Mar 24, 2014 12:13 am

Adrián Pérez escribiu:
iñigo bellido guerra escribiu:Eu penso que non se deberia dar cobertura libre sobre o aborto as mulleres.
Isto e que si están embarazadas é porque e las mismas o buscaron por facer o que fixeron.
De tal forma que cando una muller ten un cigoto en su útero xa ten una vida dentro de si en tal forma que no poden sacar a vida de nadie. Porque por iso miroo coma un asesinato.
Agora quero que a persoa que este lendo este comentario imaxine que esa vida que esta dentro de esa muller, que esta apunto de abortar,  poderias ser ti ou o teu fillo e sentir o dolor que podes sentir o perder a vida.

Que sucede cos fallos de métodos anticonceptivos, tamén é elección paterna? Está claro que non, non tes a obriga de vivir o resto da túa vida, pagando as consecuencias dun fallo dun produto defectuoso que adquiriches.

Iñigo creo que deberías profundizar un pouco máis no tema, xa que non somente abortan as mulleres que tiveron un descuido. Adrián por unha parte estou dacordo contigo, pero podemos ir máis alá e pensar nunha muller que quería ter un fillo, e gracias aos avances da genética e a medicina aos catro meses podemos saber se o neno en cuestión terá unha enfermidade, se este neno ten unha enfermidade que lle faría vivir unha vida sufrindo eu como muller e persona faría o mellor para esa pequena persona que non merece vivir de esa maneira.

AliciaPardo

Mensajes : 13
Fecha de inscripción : 27/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Paula Alonso el Lun Mar 24, 2014 1:58 am

Opinións discordantes a miña neste foro afirman que o goberno debería legalizar o aborto nos casos de malformación do feto, perigo da vida da nai, ou violacións, e que nos casos restantes non debería ser lexitimado. Acaso unha muller que por carecer dos medios económicos necesarios, por atoparse nunha situación de violencia, ven sexa violencia de xénero ou paterna, ou por non estar emocionalmente preparada para coidar un fillo, non se atopa na mesma situación psicolóxica e non terá acaso consecuencias semellantes?
Algúns partidos políticos ou institucións coma a Igrexa católica, a mesma que non tolera o uso dos métodos anticonceptivos ou a masturbación, fan referencia ao aborto coma un atentado contra a vida. Ao meu modo de ver tales afirmacións deberían ser máis cautas xa que unha muller católica vítima dunha violación coa intención de interromper o seu embarazo pode verse afectada por este tipo de declaracións. Considero que o aborto e unha intervención moi delicada que afecta tanto física como psicoloxicamente a muller e que só ela debe poder afirmar se se atopa ou non capacitada para levala a cabo e, en ningún caso, esa decisión pode ser tomada polo poder lexislativo.  
¿Sería o aborto lexitimado se se tratase dun dereito do home e non da muller? A reforma da lei do aborto non deixa de ser unha supresión de liberdades que a muller padece e da que o home pode desentenderse, unha volta ao sistema patriarcal e unha perda das liberdades da muller.

Paula Alonso

Mensajes : 12
Fecha de inscripción : 30/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por AliciaPardo el Lun Mar 24, 2014 5:41 am

Moitos de vos decides que unha vez que o nonato estase xestando é un crime matalo xa que é unha vida, e poñedes o fácil exemplo de decir que as nenas de temprana idade que están embarazadas foi a súa culpa e deben asumir as consecuenias, tamén se dice que lle estás quitando o dereito de vivir aos fillos, pero de verdade creedes que se un neno nace nunhas condicións nefastas non se lle está quitando a vida dalgunha maneira? ou peor todavía facéendolle sufrir e non soamente a el senón a súa familia, porque o peor que te pode pasar sendo pai e nai e ver ao teu fillo sufrir pola túa culpa. O aborto é un dereito ao que creo que debemos optar.

AliciaPardo

Mensajes : 13
Fecha de inscripción : 27/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por AliciaPardo el Lun Mar 24, 2014 5:49 am

iñigo bellido guerra escribiu:
Ricardo veiga escribiu:Ao meu xuizo, as mulleres son libres de escoller, o feito de ter relacións sexuais de maneira preventiva, e que por un erro dase a casualidade de que se orixina o feto de maneira non intencionada, non é xusto, xa que a muller ten que verse obrigada a que o seu fillo saia o mundo, o ser que está dentro da súa barriga aínda non é humano, é un feto en proceso de desenvolvemento, e que se se aborta antes de que o feto comece a desenrolar as características propias do ser humano non habería ningún problema. O feto, na súa fase inicial, non ten sentimentos, nin pensa, nin razona, só e un ser minúsculo que crece dentro da barriga da súa nai.
Como conclusión, estou a favor do aborto libre, sempre que se aborte cando o feto está na súa fase inicial, xa que non sufriría nada.

Ricardo ti pensa que si tu foses una muller no te sintirias mal por haver matadou a tu propio fillo.
De tal forma que pa min ti serias un asesino y si fose posible te madaria a carcere porello ya que sacarle a vida a un Ser Humano e un delito.

Técnicamentenoe non é un ser humán. Claro que non  un proceso agradable para esa muller, moitas entran en depresión ou están sometidas a un gran castigo físico ou psicolóxico, ninguén dixo que era unha decisión fácil, e eu penso que só se pode levar a cabo cando é unha decisión última pero en moitos casos é salvar a vida do teu fillo, para ver que non sufre e que está nun sitio mellor sen ter que ver penurias que non está destinado a vivir.

AliciaPardo

Mensajes : 13
Fecha de inscripción : 27/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por beatrizgomezamoedo el Lun Mar 24, 2014 8:25 am

Para clarificar a miña opinión pretendo falar de dúas autoridades enfrentadas en ocasións pero que parecen unirse cando se fala de igualdade e liberdade. As citadas autoridades están situadas no ámbito político e no relixioso . Como representante no campo político atópase a ministra de Igualdade, Bibiana Aído que citou textualmente o seguinte:
"Que é o que queren exactamente estes grupos, encarcerar as mulleres," preguntouse a ministra de Igualdade, quen afirmou que "para min un feto -de trece semanas- é un ser vivo, claro, pero non podemos falar de ser humano porque non ten ningunha base científica".

"Se unha rapaza nova ten que adoptar unha decisión tan difícil esperamos que o faga dentro da familia, pero iso non é labor do Goberno, que ten que limitarse a facer un marco xurídico", afirmou Aído, quen recoñeceu que a maioría de idade en España é "un tema que produce moita dispersión, pero o certo é que a maioría de idade neste tipo de materias son os 16 anos".
Por outra banda nunha entrevista realizada a monxa Sor Lucía atopámonos coas seguintes declaracións.

As súas opinións contrastan coas oficiais da Igrexa. Cre oportuna unha reforma da lei do aborto?
Eu estou a favor da vida sempre. O aborto sempre é un fracaso e a muller que chega a esta situación sempre experiméntao así. Pero eu nunca condenarei unha muller ou unha parella que o decida.
Introduce un matiz importante: Fala da parella, non só da muller.
Estar embarazada é unha cuestión de dous. Haberá casos que o decida a muller soa e outros moitos en que sexa a parella. Temos que ser respectuosos e que a muller non sexa a única que cargue con toda a responsabilidade. Haberá que buscar facilidades para as persoas que queiran ter un fillo. Pero as que tomen libremente a decisión teñen que ser as persoas. A Igrexa non pode meterse aí. Nin sequera Deus, que por algo nos fixo libres.
Pero a liberdade esixe tamén uns límites. Cre necesaria unha regulación?
Eu creo que a Igrexa non ten nunca que impoñer a súa ética de máximos á sociedade. Ten que haber unha ética de mínimos común a todos os cidadáns. Neste sentido, a Igrexa poderá marcar pautas a quen libremente asumiron abrazar a fe dentro desta comunidade, pero non ten dereito a premer nin a obrigar a ninguén a que se tome medidas en función duns valores relixiosos. Hai que separar a relixión da política, acompañar a xente, formar as conciencias e volver ao Evanxeo, onde hai moi poucas cousas mandadas e prohibidas.

Dúas mulleres, mulleres recalco, que falan de cambio ou reforma chámeno como prefiran. Eu defendo e declaro prudente levar a cabo a nova reforma da lei do aborto.

beatrizgomezamoedo

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 22/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Diego Fontán el Lun Mar 24, 2014 10:08 am

"O meu bombo é meu" é unha frase que nos tempos circundantes estamos moi acostumados a escoitar. Coa nova reforma do aborto proposta polo PP, as mulleres deixaron de ter cobertura legal para poder abortar, xa que non é factible o feito de abortar por que un fillo naza con malformacións, e voces discordantes á miña opinión afirman que esta reforma é totalmente xusta e xustificable. Isto realmente é certo?
O goberno español comparou o feito de que o feto posúa malformacións con unha minusvalía, alegando que "non é ético privar da vida a un neno só por unha minusvalía", polo que, aínda que a vida da nai ou do neno corra perigo, o aborto será ilegal. Varios participantes de este foro postularon que o aborto non pode realizarse debido ao sufrimento do feto, o cal no momento da xestación, empeza a ser un ser humano, o cal é unha inxustiza. Deixando a un lado a visión biolóxica da vida, non é máis inxusto que un neno teña que vivir unha vida tan complicada como é a que trae consigo unha malformación? Non é máis inxusto que unha nai morra porque o seu fillo pode matala no momento do parto? Non é máis inxusto que un neno (aínda sen malformacións) teña que crecer en un ambiente hostil e inestable, desenrolando unha personalidade psicoloxicamente inestable? Sen falar dos casos de violacións, porque, que culpa ten unha nena de 14 anos de haber sido violada? Ten que recordar día a día aquel horror que viviu? Ten que odiar ao seu fillo por ter que levar os xenes do seu pai? Nese caso, a adopción podería ser unha solución, pero nos outros non.
Iso si que é inxusto.


Última edición por Diego Fontán o Mar Mar 25, 2014 8:36 am; editado 1 vez

Diego Fontán

Mensajes : 14
Fecha de inscripción : 15/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Aleixo el Mar Mar 25, 2014 12:33 am

Adrián Pérez escribiu:
Aleixo escribiu:Dende omeu punto de vista son as mulleres as que case sempre se levan a peor parte do que consiste ter un fillo. Ademais penso que esta e libre de abortar se quere xa que de momento e parte do seu corpo xa que este esta unido a ela.
Entón polo que ti tantexas, o neno non ten dereitos, nin cando estea no seu ventre nin cando estea fora, pois este segue unido a ela de xeito dependente, ben sexa polo afectivo ou ben polo lazo de dependencia económica que temos todos os nenos. Polo tanto considero que ese uso que fas ti do termo "unido", non é correcto sendo un posible erro considerar que por que a vida do neno estea ligada a da nai, esta teña dereito a actuar como lle veña en gana, posto que como xa dixen neste mesmo comentario, non se poden vulnerar unha serie de dereitos.
Dende o meu punto de vista pensó que das a coñecer que nas clases impartidas polos nosos profesores de bioloxía ti non atendías. Nos tempos que vivimos pensó que inda non se crearon bebes sen estar unidos a outro ser humano ( A NAI) a través do CORDÓN UMBILICAL.
Ti coma sempre saltando a os temas políticos e monetarios. Eu non PLANTEXO que unha vez que esta fora do corpo da nai este non teña dereitos, esas son as túas suposicións erróneas que che levan a falsación das cousas ditas polos demais. Por que se unha muller queda embarazada por c####ns ten que ter un fillo? Non se supón que cada un fai co seu corpo o que quere? Se esta persoa que queda embarazada e una muller de 21 anos por exemplo e quere inda disfrutar da vida e non ter que estar coidando a un fillo que non e querido por ela; ten que telo. Es ti desas persoas que seguen as leis coma as ouvellas a o pastor? Se as persoas que escriben a historia fosen coma ti seguiríamos nunha ditadura ou nunha monarquia absoluta e seriamos coma reses esperando a hora da morte. Por que as persoas coma ti son as que fan que a sociedade non avance. Por que son as persoas coma ti que nas películas de wester solucionan todo con tiros e non diálogos.

Aleixo

Mensajes : 21
Fecha de inscripción : 14/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Nazaret González el Mar Mar 25, 2014 1:01 am

As diversas protestas producidas en España nos últimos días son pola lei que se quere implantar no noso pais referido o aborto por parte das autoridades.
En 2010 aprobouse unha lei que quitaríalle o dereito a muller de interromper o embarazo despois das primeiras semanas e volverá a ser un delito despenalizando en certos supostos, como o era coa lei de 1985. Pero eses supostos se reducen e a posibilidade da muller de acollerse a eles se restrinxe. Solo haberá dous casos, violación e grave perigo para a vida ou a saúde física ou psíquica da muller. Serán de novo os médicos con requisitos mais estritos que en 1985 e un procedemento mais largo os que decidirán se ese perigo existe. A presenza de malformacións fetais gravísimas non será motivo de aborto, aínda que si o será o efecto psicolóxico que teña na embarazada. Esa nova normativa chamase Lei de protección da vida do concibido e dos dereitos da muller embarazada, nese orde; Gallardón asegurou que se fixo para protexer aos mais débiles, os concibidos e non nacidos, pero sempre en interese da muller e respectando así mesmo os seus dereitos. A muller que na actualidade decide abortar recibe dos médicos un sobre con información sobre alternativas, axudas a maternidade e resgos da intervención, e ten que reflexionar sobre iso durante tres días antes de abortar. Ese prazo ampliase agora a sete días e a información non incluirá fotos de ecografías, segundo confirmou Gallardón terá que darse en persoa por parte dos traballadores dos servizos sociais públicos. Esta reforma non debería levarse acabo por unha simple e sinxela razón, as únicas que deben aceptar as consecuencias de quedarse embarazadas ou non son as mulleres e tamén se o pensamos a parella desas mulleres, non as autoridades que non lles carrexa con ningunha responsabilidade nos embarazos das mulleres porque elas son as que despois teñen que dedicar a metade da súa vida a ese bebe e tal vez antes de tomar a decisión de ser nai prefiren dedicar mais tempo a elas antes de embarcarse na tarefa que é a maternidade.
A ministra de dereitos das mulleres e portavoz do goberno francés, considerou un retroceso a reforma da lei do aborto presentada polo executivo español ao tempo que manifestou a súa onda preocupación pola mesma. É terrible ver como un pais como España, que nos últimos anos habíase convertido nunha referencia para quenes loitan contra a violencia contra as mulleres vaia a dispoñerse a coñecer un retroceso en materia de dereito a dispoñer do corpo propio. A responsable dos dereitos da muller asegurou que a reforma presentada por Gallardón, é inquietante e un exemplo de que os dereitos das mulleres nunca están conseguidos de forma definitiva.
Mais dun centenar de sociedades científicas pediron a coro a retirada do proxecto da lei do aborto e advertiron de que si se aproba tal como se está a plantexar a lo menos 50.000 mulleres terán que recorrer cada ano a un aborto clandestino en condicións de inseguridade. Sesenta sociedades españolas, unhas 26 europeas e mais de corenta iberoamericanas firmaron un manifesto no que esixen a retirada do anteproxecto por inadecuado, inxusto e perigoso para a saúde e a vida das mulleres. El documento, feito publico na roda de prensa, sinala que a reforma da actual lexislación suporía que mais do 90% dos abortos que se realizaron nos últimos anos serian ilegais.
Así que preguntémonos a nos mesmos se a lei do aborto traerá mais vidas o mundo ou acabara coas vidas xa existentes das futuras nais que non o queren ser.

Nazaret González

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 29/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por candela janeiro el Mar Mar 25, 2014 7:32 am

A Lei Orgánica de protección da vida do concibido e dos dereitos da muller embarazada prohibe o aborto en todos os casos salvo nestes supostos excepcionais nos que existe un grave perigo para a vida ou saúde física e psíquica da muller e o embarazo é consecuencia dun feito constitutivo de delito contra a liberdade ou indemnidade sexual, nos que procede a despenalización do aborto, sen que a Lei poida condicionar o valor da vida do nasciturus, termo que designa ao ser que vai nacer, exclusivamente á vontade da muller embarazada ou ás expectativas sobre a posible minusvalidez futura daquel.

Sendo esta a Lei e eu sendo muller non sei o que faría persoalmente se me encontrase no caso. Ata agora sempre crin que non abortaría xa que é quitarlle a vida a un individuo e sigo opinando igual pero, claro está, teño 16 anos e non me encontro na pel dunha moza á que lle está a punto de cambiar o futuro dependendo dunha decisión.

O aborto nalgúns casos é a saída doada, o camiño máis curto, a que elude as consecuencias dun acto que neste caso voluntariamente a persoa decidiu levar a cabo. Cando unha rapaza, mozo ou muller decide ter relacións sexuais faino coñecendo as consecuencias que isto pode traer consigo. Pero non só a muller "sofre" as consecuencias senón que o home, o pai tamén ten responsabilidades sobre o individuo e se de abortar ou non estivésemos a discutir o home tamén debería ser escoitado xa que un óvulo sen espermatozoide sendo simplemente iso, un óvulo.

Non obstante, noutros casos, o aborto é a única saída porque a ningunha muller lle gustaría levar no seu ventre un homiño ou mulleriña froito dunha violación. É nestes casos nos que a miña postura fraquea.
Definitivamente, non sei se deberiamos asegurarlle os dereitos a esenasciturus que ninguén protexe ou ponderar cada caso como único no que varios dereitos conflúen. Polo tanto, como cada un dos seres humanos somos un mundo creo que as mulleres deberían ter o dereito de decidir se queren ou non abortar, claro está que só naqueles casos nos que non é por tomar a saída máis doada para fuxir dun problema senón para dar media volta nunha quella sen saída e seguir construíndo o resto da túa vida.

candela janeiro

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 13/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Pablo Santamaria el Mar Mar 25, 2014 9:18 am

javier Rodríguez escribiu:A muller é dona do seu corpo, se ela quere ter un fillo é a súa decisión e por outra parte se quere abortar tamén é a súa decisión, xa que, en xeral, as mulleres teñen razóns para pedir o aborto xa sexan ecónomicas, violación, laboráis ou decisións de parella no último momento. Eu creo que non se pode considerar ser vivo a un suxeito que aínda está formándose no útero materno, polo tanto a muller se encontra nun período de tempo no que pode decidir se quere seguir co embarazo ou abortar.


Javier, estou de acordo contigo de que a muller e dona do seu corpo, pero en completo desacordo en que o período de xestación dun feto sexa, en realidade, un período no que a nai poida elixir entre telo ou non telo. Na miña opinión ese prazo xa rematou no mesmo momento que o feto e fecundado. Actualmente existen moitos métodos para evitar que a muller se quede embarazada, dende pílulas anticonceptivas ata preservativos, e é responsabilidade dos pais ou da parella de tomar estas medidas antes de que sexa tarde e o feto xa se empece a formar. Non obstante, e como dixen na miña toma de postura, si se pode dar o caso no que a muller non queira manter relacións sexuais e se vexa obrigada ou ameazada como é o caso das violacións, nese caso si considero correcto o aborto pois para min ten unha xustificación.

Pablo Santamaria

Mensajes : 12
Fecha de inscripción : 17/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Jose Rey el Mar Mar 25, 2014 9:31 am

Dende o meu punto de vista o aborto foi un avance científico moi importante e positivo. Un feto non é persoa porque aínda non naceu, pero hai moita xente que non pensa o mesmo. Abortar ten que ser legal, porque unha muller debe decidir ela se ter un bebé ou non, afecta á súa vida persoal non á dos políticos. Que non son eles quenes pagan as facturas por exemplo, e outro caso son as adolescentes embarazadas, que claramente non poden criar a un bebé.
E para os que din que hai moitos tipos de anticonceptivos e todo iso, un faio o ten calquera ser humano
Así o veo eu dende o meu punto de vista, pero non se pode falar ben de este tema sen haber pasado por el antes.
avatar
Jose Rey

Mensajes : 7
Fecha de inscripción : 29/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por pablolino el Mer Mar 26, 2014 12:09 am

NachoVillanueva escribiu:
pablolino escribiu:Aínda que cando se aborta se esta acabando coa vida dun ser moi pequeno, estáse acabando coa vida dun ser vivo, que dentro de 9 meses será un ser humano. Pois a xente que esta a favor do aborto, xustifica a sua opinión argumentando que como é un ser tan diminuto, non é un ser humano. O aborto debe ser legalizado en determinadas excepcións: 1º en caso de violación 2º en caso de perigo da vida da nai o do bebé, e 3º en caso de mal formación do feto.

Estou de acordó coa tua opinión que deberíase de aprobar o aborto sempre que haya uns criterios coma os que propóns, aunque añadiría o feito de que a parella teña una boa condición económica para que o fillo tenga as mismas condicións posibeis.
En canto a tua opinión que defendes que matas un ser vivo á hora de abortar, estou en desacordo debido a que considerar un ser vivo a un feto o cal non pode vivir a expensas do apoyo da nai en todos os sentidos, non o enconto razonable, debido a que un ser vivo sería capaz de vivir, neste caso supervivir por si so, sen axuda ninguna.

O feto aínda non é un ser humano, pero a súa formación provoca a aparición dun ser humano. Querendo dicir con isto que se esta acabando coa vida do formador da persoa.

pablolino

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 22/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Adrián Pérez el Mer Mar 26, 2014 12:23 am

AliciaPardo escribiu:
Iñigo creo que deberías profundizar un pouco máis no tema, xa que non somente abortan as mulleres que tiveron un descuido. Adrián por unha parte estou dacordo contigo, pero podemos ir máis alá e pensar nunha muller que quería ter un fillo, e gracias aos avances da genética e a medicina aos catro meses podemos saber se o neno en cuestión terá unha enfermidade, se este neno ten unha enfermidade que lle faría vivir unha vida sufrindo eu como muller e persona faría o mellor para esa pequena persona que non merece vivir de esa maneira.
Alicia en parte, podes ter razón, pero é realmente desgraciada esa persoa cunha enfermedade ou deficiencia?
Remitoche ao video que adxuntou Enrique nun dos seus comentarios.

Adrián Pérez

Mensajes : 24
Fecha de inscripción : 23/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por javier Rodríguez el Mer Mar 26, 2014 12:31 am

O aborto defínise actualmente como un medio quirúrxico polo cal pódese eliminar completamente a posibilidade de ter un fillo/a cando unha muller está embarazada. Na actualidade o aborto en moitos países está moi de moda e utilízase como unha forma moi rápida de "quitarse un peso de enriba" sen reflexionar profundamente na gravidade do tema. Na miña opinión a legalidade vixente debería de cubrir todos os abortos que se realizan cando unha menor o reclama. O pleno razonamento disto é que unha menor de idade non ten a suficiente madurez, conciencia ou visión de futuro como para poder darse conta dalgúns erros cometidos ao longo da súa vida. Outra das ocasións nas que na miña opinión o legalidade debería de permitir o aborto neste estado é cando unha muller sufre unha violación ou calquera tipo de maltrato violento que poda producir un embarazo involuntario. Nas ocasións restantes, as demais féminas son totalmente conscientes das causas que pode ter enxendrar un fillo é a responsabilidade que correspon, polo tanto, nestas ocasións o aborto debe de estar prohibido totalmente polo simple feito de que estas facendo uso dunha decisión, a de eliminar unha vida, sen ser elas as que deberían de tomalas

javier Rodríguez

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Carmen Esteban Campos el Mer Mar 26, 2014 12:35 am

pablolino escribiu:Aínda que cando se aborta se esta acabando coa vida dun ser moi pequeno, estáse acabando coa vida dun ser vivo, que dentro de 9 meses será un ser humano. Pois a xente que esta a favor do aborto, xustifica a sua opinión argumentando que como é un ser tan diminuto, non é un ser humano. O aborto debe ser legalizado en determinadas excepcións: 1º en caso de violación 2º en caso de perigo da vida da nai o do bebé, e 3º en caso de mal formación do feto.

Ti dis que o neno sofre cando a nai aborte, agora, fágote unha pregunta, cres que un neno cunha madre que non está preparada para coidalo ou que non ten o suficiente diñeiro para facelo non vai a sufrir? Creo que non estás tendo en conta todos os factores que interveñen nunha decisión así. Ademais que estou segura de que si unha muller decide abortar significa que barallou todas as opcións posibles, e esta é a última opción que lle queda, matar a un fillo non é prato de bo gusto para ninguén, e non é nada fácil tomar esta decisión, pero si o fas, non significa que o fagas ti, creo que practicamente todas as mulleres, se non son todas, ao pensar no aborto pensan no futuro do fillo que vai nacer, e no en elas mesmas.

Carmen Esteban Campos

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 14/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Adrián Pérez el Mer Mar 26, 2014 12:39 am

Aleixo escribiu:
Dende o meu punto de vista pensó que das a coñecer que nas clases impartidas polos nosos profesores de bioloxía ti non atendías. Nos tempos que vivimos pensó que inda non se crearon bebes sen estar unidos a outro ser humano ( A NAI) a través do CORDÓN UMBILICAL.
Ti coma sempre saltando a os temas políticos e monetarios. Eu non PLANTEXO que unha vez que esta fora do corpo da nai este non teña dereitos, esas son as túas suposicións erróneas que che levan a falsación das cousas ditas polos demais. Por que se unha muller queda embarazada por c####ns ten que ter un fillo? Non se supón que cada un fai co seu corpo o que quere? Se esta persoa que queda embarazada e una muller de 21 anos por exemplo e quere inda disfrutar da vida e non ter que estar coidando a un fillo que non e querido por ela; ten que telo. Es ti desas persoas que seguen as leis coma as ouvellas a o pastor? Se as persoas que escriben a historia fosen coma ti seguiríamos nunha ditadura ou nunha monarquia absoluta e seriamos coma reses esperando a hora da morte. Por que as persoas coma ti son as que fan que a sociedade non avance. Por que son as persoas coma ti que nas películas de wester solucionan todo con tiros e non diálogos.
Aleixo o que parece que non entendeches do meu comentario é que segun ti o neno non ten dereitos por depender da nai, enton todo ser humano que sexa dependente doutro, sexa vía económica ou outras, tampouco ten dereitos. Gustaríame se mo permites coa túa analoxía histórica, isto sóame á etapa do xugo feudal, posto que eu estudo historia e non son tan douto como ti noutras cuestións como é a bioloxía.
Tio dis ben, cada un fai co seu corpo o que quere, pero dentro do marco da legalidade, non o olvides. Ademáis diso, a preto doutros temas como o que formulas, existe a adopción, o que para un non motivo de alegría, para outro é felicidade plena. Posto que os nenos que se dan en adopción non saen da nada, almenos polo que eu sei, o mellor ti tes outras opinións.

Adrián Pérez

Mensajes : 24
Fecha de inscripción : 23/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Pablo Santamaria el Mer Mar 26, 2014 12:44 am

Jose Rey escribiu:Dende o meu punto de vista o aborto foi un avance científico moi importante e positivo. Un feto non é persoa porque aínda non naceu, pero hai moita xente que non pensa o mesmo. Abortar ten que ser legal, porque unha muller debe decidir ela se ter un bebé ou non, afecta á súa vida persoal non á dos políticos. Que non son eles quenes pagan as facturas por exemplo, e outro caso son as adolescentes embarazadas, que claramente non poden criar a un bebé.
E para os que din que hai moitos tipos de anticonceptivos e todo iso, un faio o ten calquera ser humano
Así o veo eu dende o meu punto de vista, pero non se pode falar ben de este tema sen haber pasado por el antes.

Avance científico importante e positivo? que eu saiba o aborto lévase practicando dende a antigüidade, con métodos mais primitivos dende logo, pero é una practica que ten moito tempo. Comparto contigo de que una muller debe decidir se ter un bebé ou non, pero esta opción, na miña opinión, dáse antes de manter relacións sexuais xa que existen diferentes modos de prever un fillo non desexado. Tamén propós que pode ser por un faio, certo é que faios témolos todos, pero se faias tes que cargar coas consecuencias dos teus actos, está claro que aínda non tendo acceso a medidas de prevención para a fecundación sempre se pode optar por manter relacións sexuais ou non e a resposta é responsabilidade dos pais en cuestión, teñen que saber de antemán o que poida pasar e avaliar as opcións.

Pablo Santamaria

Mensajes : 12
Fecha de inscripción : 17/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Carlos Bousoño el Mer Mar 26, 2014 1:20 am

Ana Garcìa escribiu:Dende o meu punto de vista o goberno non debería lexislar sobre un tema sobre o aborta xa que eu que creo que xa que estamos nun país onde existen unha serie de liberdades as mulleres poderían elixir que facer co seu estado ademais de que a lei seguramente non sexa perfecta nin recolla todos os casos que poden darse xa que por exemplo pon que unha malformación ou discapacidade non  é motivo suficiente para abortar sempre que a nai non lle cause problemas e eu penso que neste caso debería deixarse abortar se ti pensando no teu fillo non queres telo se ven mal ou con malformacións tamén e certo que recolle puntos cos que estou dacordo  como no de que podas abortar sempre que foras violada

Eu estou de acordo con todo o que dis


Última edición por Carlos Bousoño o Ven Mar 28, 2014 9:17 pm; editado 1 vez

Carlos Bousoño

Mensajes : 5
Fecha de inscripción : 18/02/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por davidarnoso el Mer Mar 26, 2014 1:25 am

Na miña opinión penso que non  é xusto o feito de que exista unha lei que regule se as mulleres teñan dereito ou non a abortar. Ninguén pode promover ningunha lei para privar dun dereito a unha muller, xa que cada un é libre de facer co seu corpo o que queira dentro duns limites. Dito isto, penso que non debería existir unha lei pero si que se debería regular o número de abortos de cada muller xa que iso supón un custo para a sanidade.
avatar
davidarnoso

Mensajes : 5
Fecha de inscripción : 29/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Páxina 3 de 7 Precedente  1, 2, 3, 4, 5, 6, 7  Siguiente

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro