Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Páxina 5 de 7 Precedente  1, 2, 3, 4, 5, 6, 7  Siguiente

Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Ana Garcìa el Ven Mar 28, 2014 9:59 pm

ferperaza escribiu:É o dereito da muller que fai co seu cuerpo,pero un bebe non é parte do seu corpo. É un ser vivente que vive dentro do seu corpo polos primeiros 9 meses para poder alimentarse,pero é un ser cun sistema independente. Ten o seu propio sistema dixestivo, nervioso, renal, circulatorio, endócrino. Polo que é un ser humano que ten o dereito á vida ao igual que nós, e aínda que a familia non teña os suficientes medios para coidalo, existen os centros de adopción xa que centos de familias non poden ter fillos e queren transmitirlles os seus coñecementos e darlles cariño aos seus fillos e non se lles deben de quitar posibilidades. Yo si tuviese ese problema, me parecería demencial quitarle la vida a un ser vivo que aunque una familia no pueda darle todo lo que quiere, otra sí, y además con toda la alegría del mundo.
De verdade cres que un centro de adopción é mellor solución que abortar? Seguramente tarde ou temprano enteraríase de que é adoptado e sempre quédache esa cousa de coñecer aos teus pais igual que si a nai despois buscao e provócalle un desorde no seu dia a dia non seria bo eu creo que é mellor sempre que sexa por causas maiores non deberíase lexislar sobre ese tema porque pode verse perfectamente que non todo o mundo ten a mesma opinión por iso que non se debe facer unha lei reunindo so a opinión duns cantos.

Ana Garcìa

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 28/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Pilar Pardo el Ven Mar 28, 2014 10:03 pm

Na miña opinión, a lei do aborto en España é unha ley xustamente aplicada, xa que as mulleres que non teñen recursos, as mulleres violadas, as mulleres que teñen un feto con taras físicas ou mentais, as mellores de idade que quedanse embarazadas, etc...teñen, ou deberían ter dereito a abortar. As mulleres deberían de ser as que decidan se queren ter ao seu fillo, xa que podén querer abortar por moitas razóns, como unha muller que carece de recursos e prefire abortar que non poder darlle ao seu fillo unha boa, ou íncluso, unha vida digna, como unha adolescente que quedase embarazada e decide abortar xa que os seus pais neganse a axudala e ela non ten recursos, traballo e estudos, ou unha muller que e violada é ten que convivir toda a súa vida co fillo do seu violador. Na nova lei aplicada en España, as mulleres poden abortar hasta as catorce semanas, este tempo pareceme excesivo xa que en catorce semanas o feto xa comenza a desarrollarse, e as nais deberían de decidir se ter ao seu fillo ou abortar antes de ese tempo.

Pilar Pardo

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 31/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Diego Fontán el Ven Mar 28, 2014 10:11 pm

pablolino escribiu:Aínda que cando se aborta se esta acabando coa vida dun ser moi pequeno, estáse acabando coa vida dun ser vivo, que dentro de 9 meses será un ser humano. Pois a xente que esta a favor do aborto, xustifica a sua opinión argumentando que como é un ser tan diminuto, non é un ser humano. O aborto debe ser legalizado en determinadas excepcións: 1º en caso de violación 2º en caso de perigo da vida da nai o do bebé, e 3º en caso de mal formación do feto.
Os argumentos nos que nos baseamos a xente que defendemos o aborto non xiran só arredor de que o feto aínda non é un ser humano propiamente dito, xa que eu asento as bases da miña opinión nas consecuencias que tería ese fillo non desexado para a nai? Unha nena de 14 anos está psicoloxicamente preparada para ser nai? O fillo sería feliz? O ambiente no que crecería sería estable? O efecto que provoca a maternidade prematura pode ser catastrófico, no que DOUS seres humanos sofren, de forma inevitable. Unha nena que aínda non comezou a vivir ten que empregar case todo o seu tempo e esforzos en coidar a un neno que non debería nacer tan pronto, sexa por un erro ou por ignorancia, acaso podes xustificar iso? E, que hai da liberdade? Acaso as mulleres non poden decidir? Non deberían gozar dun privilexio do que non gozaron durante anos e anos? Ninguén ten o dereito de decidir por una muller sobre un asunto que lle afecta directamente a ela, somos humanos, non deuses.

Diego Fontán

Mensajes : 14
Fecha de inscripción : 15/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Pilar Pardo el Ven Mar 28, 2014 10:23 pm

José Lorenzo escribiu:Despois de ler detidamente todos os comentarios realizados neste debate e levar a cabo unha profunda reflexión persoal, debo manifestar que a miña opinión sufriu un xiro, posicionándome agora a favor da legalización do aborto. E a que se debe isto? Nunha palabra: liberdade. Unha palabra da que, hai uns séculos, a muller carecía completamente, mais o mundo, a sociedade, evoluciona, e esta evolución trae consigo unha maior concesión de dereitos. A concesión ás mulleres da liberdade para abortar constitúe un paso máis no evolució da humanidade.

Unha muller debe posuír a capacidade para elixir se quere darlle vida ou non a un ser que está a formarse no seu interior, e que, polo momento, depende completamente dela. A opción do aborto, xa sexa esta debida, entre outros motivos, a que o embarazo foi orixinado por unha violación ou un error, a unha malformación no embrión ou a problemas económicos dos pais, tería que axustarse ás vontades da nai.

Sufrimento do feto? Nas primeiras semanas do embarazo, este non está totalmente confirmado: existen varios estudos que afirman que o bebé que é abortado neste período experimenta dor, mais outras contadas investigacións conclúen co resultado oposto, e considero, polo tanto, que este feito non debe ser o fundamento principal dos que defenden a ilegalización do aborto, pois non é unha base sólida. Non obstante, suxiro novamente, como fixen na miña primeira intervención, a determinación dun prazo (tras 12-14 semanas do embarazo) a partir do cal se imposibilite a opción do aborto polo posible dor que poida padecer o embrión.

José penso exactamente igual ca ti, xa que a muller ten que ter liberdade co que quere facer co seu corpo, e ela mellor que nadie sabe en que situación encontrase e se pode facerse cargo do feto ou non. Por outra parte tamén se debería de tomar unha opción antes do periódo de catorce semanas, e a ser posible, tamén antes das doce semanas, xa que a partir de este periodo o feto comenza a desarrollarse, e podría incluso a sentir dor.

Pilar Pardo

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 31/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Yaiza Derbyshire Vieira el Ven Mar 28, 2014 10:36 pm

ferperaza escribiu:É o dereito da muller que fai co seu cuerpo,pero un bebe non é parte do seu corpo. É un ser vivente que vive dentro do seu corpo polos primeiros 9 meses para poder alimentarse,pero é un ser cun sistema independente. Ten o seu propio sistema dixestivo, nervioso, renal, circulatorio, endócrino. Polo que é un ser humano que ten o dereito á vida ao igual que nós, e aínda que a familia non teña os suficientes medios para coidalo, existen os centros de adopción xa que centos de familias non poden ter fillos e queren transmitirlles os seus coñecementos e darlles cariño aos seus fillos e non se lles deben de quitar posibilidades. Yo si tuviese ese problema, me parecería demencial quitarle la vida a un ser vivo que aunque una familia no pueda darle todo lo que quiere, otra sí, y además con toda la alegría del mundo.

Fernando, no primeiro lugar a lei anterior que permitía abortar tenia un tope, que máis das 14 semanas do embarazo non se podía abortar. Neste período de tempo o feto non ha desenvolvido un sistema nervioso nin uno dixestivo, renal, circulatorio ou endócrino, así que non tes razón cando dis que é un ser cun sistema independente xa que depende totalmente da nai.
Ademais é moi fácil dicir que se pode poñer en adopción un bebe máis facelo non o é tanto, xa que é moi difícil saber que tes un fillo por alí e sen saber nada de él. Unha debería ter a opción de poder abortar, aínda que ten un impacto psicolóxico moi forte a corto prazo, unha a largo prazo pode seguir a súa vida con total normalidade .

Yaiza Derbyshire Vieira

Mensajes : 12
Fecha de inscripción : 23/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por davidarnoso el Ven Mar 28, 2014 10:46 pm

Adrián Pérez escribiu:Non se debe ofrecer cobertura legal ao aborto, pois este pode ser considerado como un asasinato, posto que coa morte dun embrión algúns poden considerar que se mata unha persoa. O embrión ten vida dende que é concibido, arredor dos 15 días empézalle a latexar o corazón e escóitase como á semana 8. En referencia ao aborto, o dereito á vida é algo que se ve reflectido na carta dos dereitos humanos da ONU, polo que o considerado asasinato dun bebe é un tema que se acolle a este artigo. Que culpa ten un neno inocente para que se lle nesgue a vida? Ningunha, non son responsables do ámbito económico do momento ou dos erros paternos. Existe outras solucións alternativas ao aborto, como é a adopción. Mándovos un link no que se observa o desenvolvemento a partir de que é embrión.

http://salud-mujer.idoneos.com/index.php/Embarazo/Desarrollo_Embrionario
http://es.wikipedia.org/wiki/Derecho_a_la_vida
Non estou de acro contigo xa que ¿ que culpa tería a nai no caso de ser violada? ou se os métodos anticonceptivos non resulten, a nai non tería ningunha culpa de estar embarazada, ningunha. Se o feito de que queira abortar por algúns de esos casos sería dunha forma razoada xa que é loxico que si ela non desexaba o fillo e mantivo as medidas oportunas para non telo, pero non foron suficientes, debería poder abortar libremente, sin ter que quedar coma unha asasina.
avatar
davidarnoso

Mensajes : 5
Fecha de inscripción : 29/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por NachoVillanueva el Ven Mar 28, 2014 10:55 pm

pablolino escribiu:
NachoVillanueva escribiu:
pablolino escribiu:Aínda que cando se aborta se esta acabando coa vida dun ser moi pequeno, estáse acabando coa vida dun ser vivo, que dentro de 9 meses será un ser humano. Pois a xente que esta a favor do aborto, xustifica a sua opinión argumentando que como é un ser tan diminuto, non é un ser humano. O aborto debe ser legalizado en determinadas excepcións: 1º en caso de violación 2º en caso de perigo da vida da nai o do bebé, e 3º en caso de mal formación do feto.

Estou de acordó coa tua opinión que deberíase de aprobar o aborto sempre que haya uns criterios coma os que propóns, aunque añadiría o feito de que a parella teña una boa condición económica para que o fillo tenga as mismas condicións posibeis.
En canto a tua opinión que defendes que matas un ser vivo á hora de abortar, estou en desacordo debido a que considerar un ser vivo a un feto o cal non pode vivir a expensas do apoyo da nai en todos os sentidos, non o enconto razonable, debido a que un ser vivo sería capaz de vivir, neste caso supervivir por si so, sen axuda ninguna.

O feto aínda non é un ser humano, pero a súa formación provoca a aparición dun ser humano. Querendo dicir con isto que se esta acabando coa vida do formador da persoa.

Creo que o que queres dicir é que acabas co feto, no coa persoa na cal o feto comeza a crecer (o forma).
En todo caso se consideras que o feto non é un ser humano ate momento no cal este remata a sua formación no ventre materno, poderíamos dicir que sería legal, no caso que quesese abortar a nai, mentres o feto este nese periodo previo a sua competa formación.

NachoVillanueva

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por pedro.regadas el Ven Mar 28, 2014 10:56 pm

Na miña opinión o aborto non debería ser aceptado, xa que, por cada vez que alguén aborta pérdese una vida, que nun futuro podería ser coma nós. Por outro lado, existen casos de violacións ou abusos nos que se o suxeito queda embarazado si podería ter a opción de abortar, xa que non foi culpa súa chegar a esa situación. Penso tamén que poden exitir casos nos que unha muller queda embarazada de xeito accidental, e non conta con recursos dabondo para manter a vida do neno, e, nese caso, eu creo que debería poderse abortar.

pedro.regadas

Mensajes : 2
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por pedro.regadas el Ven Mar 28, 2014 11:01 pm

davidarnoso escribiu:
Adrián Pérez escribiu:Non se debe ofrecer cobertura legal ao aborto, pois este pode ser considerado como un asasinato, posto que coa morte dun embrión algúns poden considerar que se mata unha persoa. O embrión ten vida dende que é concibido, arredor dos 15 días empézalle a latexar o corazón e escóitase como á semana 8. En referencia ao aborto, o dereito á vida é algo que se ve reflectido na carta dos dereitos humanos da ONU, polo que o considerado asasinato dun bebe é un tema que se acolle a este artigo. Que culpa ten un neno inocente para que se lle nesgue a vida? Ningunha, non son responsables do ámbito económico do momento ou dos erros paternos. Existe outras solucións alternativas ao aborto, como é a adopción. Mándovos un link no que se observa o desenvolvemento a partir de que é embrión.

http://salud-mujer.idoneos.com/index.php/Embarazo/Desarrollo_Embrionario
http://es.wikipedia.org/wiki/Derecho_a_la_vida
Non estou de acro contigo xa que ¿ que culpa tería a nai no caso de ser violada? ou se os métodos anticonceptivos non resulten, a nai non tería ningunha culpa de estar embarazada, ningunha. Se o feito de que queira abortar por algúns de esos casos sería dunha forma razoada xa que é loxico que si ela non desexaba o fillo e mantivo as medidas oportunas para non telo, pero non foron suficientes, debería poder abortar libremente, sin ter que quedar coma unha asasina.
Adrián, eu estou en descordo contigo xa que, en caso de ser violada una muller ou recibir abusos por parte doutro home, non é a súa culpa quedar embarazada. Por outro lado, ¿Qué ocorrería se una muller queda embarazada e non dispón de recursos para manter o fillo? Neste caso eu penso que debería existir una segunda opción, como dis ti, que é a adopción.

pedro.regadas

Mensajes : 2
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por NachoVillanueva el Ven Mar 28, 2014 11:08 pm

Adrián Pérez escribiu:
Aleixo escribiu:
Dende o meu punto de vista pensó que das a coñecer que nas clases impartidas polos nosos profesores de bioloxía ti non atendías. Nos tempos que vivimos pensó que inda non se crearon bebes sen estar unidos a outro ser humano ( A NAI)  a través do CORDÓN UMBILICAL.
Ti coma sempre saltando a os temas políticos e monetarios. Eu non PLANTEXO que unha vez que esta fora do corpo da nai este non teña dereitos, esas son as túas suposicións erróneas que che levan a falsación das cousas ditas polos demais. Por que se unha muller queda embarazada por c####ns ten que ter un fillo? Non se supón que cada un fai co seu corpo o que quere? Se esta persoa que queda embarazada e una muller de 21 anos por exemplo e quere inda disfrutar da vida e non ter que estar coidando a un fillo que non e querido por ela; ten que telo. Es ti desas persoas que seguen as leis coma as ouvellas a o pastor? Se as persoas que escriben a historia fosen coma ti seguiríamos nunha ditadura ou nunha monarquia absoluta e seriamos coma reses esperando a hora da morte. Por que as persoas coma ti son as que fan que a sociedade non avance. Por que son as persoas coma ti que nas películas de wester solucionan todo con tiros e non diálogos.
Aleixo o que parece que non entendeches do meu comentario é que segun ti o neno non ten dereitos por depender da nai, enton todo ser humano que sexa dependente doutro, sexa vía económica ou outras, tampouco ten dereitos. Gustaríame se mo permites coa túa analoxía histórica, isto sóame á etapa do xugo feudal, posto que eu estudo historia e non son tan douto como ti noutras cuestións como é a bioloxía.
Tio dis ben, cada un fai co seu corpo o que quere, pero dentro do marco da legalidade, non o olvides. Ademáis diso, a preto doutros temas como o que formulas, existe a adopción, o que para un non motivo de alegría, para outro é felicidade plena. Posto que os nenos que se dan en adopción non saen da nada, almenos polo que eu sei, o mellor ti tes outras opinións.

Non creo que o que quera decir Aleixo é que o feto, bebe, espécimen o como queiras chamarlle, (sempre que non o consideres un ser humano), non teña dereitos, se non que ó estar no ventre materno, depende por completo da sua nai, e non é o feito de ter dereitos o non, simplemente non lle podes preguntar a sua opinión, no pode defender o feito de que paren o seu proceso de creación (non matar) por que coma dixen antes, non é un ser humano, senon que é un "proceso de", ate que remate o proceso e sepárese da nai literalmente (córtese o cordón humilical), non o podémos considerar como tal.
En canto o que propóns da adopción, si, e moi bonito o de dar en adopción un fillo o cal é teu, e no futuro penses que un fillo teu anda por ahí en adelante cuns pais os cales poderían ou non decirlle a verdade. Imaxínaste ti os cargos de conciencia, angustia, e outra serie de problemas tanto na nai a cal o deu en adopción e no fillo o cal foi dado?

NachoVillanueva

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Tonii el Sab Mar 29, 2014 6:04 am

Baixo o meu punto de vista o aborto é un asasinato premeditado, é a morte dunhaa futura persoa dotada de sentimentos e personalidade.Non somos deuses para decidir sobre a vida dun ser vivo.No meu parecer solo habería unha excepción que sería que a criatura tivese unha enfermidade.Polo tanto non ao aborto e non a morte de criaturas inocentes.

Tonii

Mensajes : 8
Fecha de inscripción : 31/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Tonii el Sab Mar 29, 2014 6:21 am

Hoxe en día a nosa xuventude non é consciente da responsabilidade que é traer un fillo o mundo. En moitas ocasións o alcol e as drogas fan que non se utilicen os métodos anticonceptivos como se deberían, e esa irresponsabilidade desembocará nun embarazo na maoría dos casos, embarazos non desexados que terán como consecuencia o querer practicar un aborto. A xuventude debería ser máis consciente deste feito e na miña opinión hai moita inconsciencia porque ata agora o aborto estaba permitido, e non pasaba nada se se producía o embarazo xa que o mes seguinte gratuitamente practicaban un aborto, por iso digo non o aborto e sí a ser mais conscientes e responsables.

Tonii

Mensajes : 8
Fecha de inscripción : 31/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Adrián Pérez el Sab Mar 29, 2014 6:50 am

pedro.regadas escribiu:
davidarnoso escribiu:
Non estou de acro contigo xa que ¿ que culpa tería a nai no caso de ser violada? ou se os métodos anticonceptivos non resulten, a nai non tería ningunha culpa de estar embarazada, ningunha. Se o feito de que queira abortar por algúns de esos casos sería dunha forma razoada xa que é loxico que si ela non desexaba o fillo e mantivo as medidas oportunas para non telo, pero non foron suficientes, debería poder abortar libremente, sin ter que quedar coma unha asasina.
Adrián, eu estou en descordo contigo xa que, en caso de ser violada una muller ou recibir abusos por parte doutro home, non é a súa culpa quedar embarazada. Por outro lado, ¿Qué ocorrería se una muller queda embarazada e non dispón de recursos para manter o fillo? Neste caso eu penso que debería existir una segunda opción, como dis ti, que é a adopción.
En calquera deses dous casos a solución pode ser a adopción, posto que o fillo non ten por que pagar os pratos rotos dos seus pais.

Adrián Pérez

Mensajes : 24
Fecha de inscripción : 23/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Adrián Pérez el Sab Mar 29, 2014 6:59 am

NachoVillanueva escribiu:
Non creo que o que quera decir Aleixo é que o feto, bebe, espécimen o como queiras chamarlle, (sempre que non o consideres un ser humano), non teña dereitos, se non que ó estar no ventre materno, depende por completo da sua nai, e non é o feito de ter dereitos o non, simplemente non lle podes preguntar a sua opinión, no pode defender o feito de que paren o seu proceso de creación (non matar) por que coma dixen antes, non é un ser humano, senon que é un "proceso de", ate que remate o proceso e sepárese da nai literalmente (córtese o cordón humilical), non o podémos considerar como tal.
En canto o que propóns da adopción, si, e moi bonito o de dar en adopción un fillo o cal é teu, e no futuro penses que un fillo teu anda por ahí en adelante cuns pais os cales poderían ou non decirlle a verdade. Imaxínaste ti os cargos de conciencia, angustia, e outra serie de problemas tanto na nai a cal o deu en adopción e no fillo o cal foi dado?

Pero coma xa puxen no meu primeiro comentario, o bebe ten vida arredor dos 15 días empézalle a latexar o corazón, polo que si que debe ter dereitos coma todo ser vivo. O respecto do outro tema do que falas, Que é mellor? Andar a pensar do futuro que terá o teu fillo o do que houbese tido se se houbese criado nun fogar sen recursos ou o que é peor sen amor, o que me fai preguntarme coma vai a molestarse en pensar no seu fillo(se consideras a alguén pai polo mero feito de ter un fillo bioloxicamente).

Adrián Pérez

Mensajes : 24
Fecha de inscripción : 23/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por María Trabazo el Sab Mar 29, 2014 9:02 am

O aborto é un dilema moral que leva anos provocando importantes disputas entre os partidarios da súa prohibición, alegando que estase a cometer un asasinato, e os que afirman que  ao non estar formado o feto, non é unha vida e, por tanto, non pode considerarse como tal. Asimesmo, o primeiro grupo atópase dividido entre o bando máis conservador, que son os que se opoñen sen  ter en conta ningunha excepción, e outra parte que, aun sendo conservadora, e máis liberal ca os primeiros e que si aceptan levar a cabo un aborto en condiciones especiais tales como que a nai corra calquera risco físico ou mental ou en caso de violación. Mentres, no segundo grupo as opinións son máis dispares.
Eu atópome no conxunto militante da prohibición do aborto tendo en conta as excepcións xa mencionadas anteriormente. Se ben e certo que os científicos non consideran que é vida a primeira célula que se forma da fecundación do óvulo, tamén o é que se lle permites crecer durante nove meses, si que daría lugar a unha vida. Por iso, ao abortar, estás impedindo que se desenvolva e nazca un ser humano que podería ser o futuro presindente do goberno, un atleta de elite ou o futuro descubridor da cura contra o cáncer.
Por outra parte, facer hincapié no caos no que se desenvolverían as nosas vidas se non existise unha norma que regulara a validez da decisión de abortar; a xente non faría uso dos anticonceptivos a causa de que teñen a seguridade de que si se produce un embarazo indeseado poden acudir a un médico e solventar o seu problema sen ningún tipo de impedimento. Dacordo con todo o aquí exposto, polo que a min respecta, as autoridades non deben dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar, sen contar excepcións, mais poden buscar solucións como poden ser as axudas para as nais sen recursos ou facilitar máis información sobre as adopcións.

María Trabazo

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por candela janeiro el Dom Mar 30, 2014 9:22 pm

ferperaza escribiu:É o dereito da muller que fai co seu cuerpo,pero un bebe non é parte do seu corpo. É un ser vivente que vive dentro do seu corpo polos primeiros 9 meses para poder alimentarse,pero é un ser cun sistema independente. Ten o seu propio sistema dixestivo, nervioso, renal, circulatorio, endócrino. Polo que é un ser humano que ten o dereito á vida ao igual que nós, e aínda que a familia non teña os suficientes medios para coidalo, existen os centros de adopción xa que centos de familias non poden ter fillos e queren transmitirlles os seus coñecementos e darlles cariño aos seus fillos e non se lles deben de quitar posibilidades. Yo si tuviese ese problema, me parecería demencial quitarle la vida a un ser vivo que aunque una familia no pueda darle todo lo que quiere, otra sí, y además con toda la alegría del mundo.

Estou de acordo contigo Fernando en que a adopción é unha forma de contentar a todos, o bebé segue vivo e os pais biolóxicos non se fan cargo del. Pero, ponte no caso dunha muller que quedou embarazada do seu violador, esa muller ten que levar 9 meses dentro de si mesma o produto dunha agresión física e psicolóxica ou debe ter dereito a decidir?

candela janeiro

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 13/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por candela janeiro el Dom Mar 30, 2014 9:40 pm

José Lorenzo escribiu:Despois de ler detidamente todos os comentarios realizados neste debate e levar a cabo unha profunda reflexión persoal, debo manifestar que a miña opinión sufriu un xiro, posicionándome agora a favor da legalización do aborto. E a que se debe isto? Nunha palabra: liberdade. Unha palabra da que, hai uns séculos, a muller carecía completamente, mais o mundo, a sociedade, evoluciona, e esta evolución trae consigo unha maior concesión de dereitos. A concesión ás mulleres da liberdade para abortar constitúe un paso máis no evolució da humanidade.

Unha muller debe posuír a capacidade para elixir se quere darlle vida ou non a un ser que está a formarse no seu interior, e que, polo momento, depende completamente dela. A opción do aborto, xa sexa esta debida, entre outros motivos, a que o embarazo foi orixinado por unha violación ou un error, a unha malformación no embrión ou a problemas económicos dos pais, tería que axustarse ás vontades da nai.

Sufrimento do feto? Nas primeiras semanas do embarazo, este non está totalmente confirmado: existen varios estudos que afirman que o bebé que é abortado neste período experimenta dor, mais outras contadas investigacións conclúen co resultado oposto, e considero, polo tanto, que este feito non debe ser o fundamento principal dos que defenden a ilegalización do aborto, pois non é unha base sólida. Non obstante, suxiro novamente, como fixen na miña primeira intervención, a determinación dun prazo (tras 12-14 semanas do embarazo) a partir do cal se imposibilite a opción do aborto polo posible dor que poida padecer o embrión.

Coincido contigo, creo que o aborto debe ser legalizado. Sendo muller, persoalmente non sei que faría se me vise nunha das situacións que propuxestes, as tres excepcións; pero si teño claro que buscaría todos os medios para non o ter que facer, para poder dar vida ao ser que estaría a formarse dentro de min pero, isto é o que faría eu co meu corpo. Creo que cada muller debe de ter dereito a decidir se seguir adiante co embarazo ou non. Non obstante, considero que antes de cada aborto se deberían considerar diferentes variantes como por exemplo: o estado do feto, da nai, a situación dos pais e a forma na que foi concibido, para descartar a violación.

candela janeiro

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 13/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por María Cirujano el Dom Mar 30, 2014 11:01 pm

Pode resultar triste que unha muller decida abortar, pero aínda é máis triste que nazan nenos non desexados, e polo tanto, incapaces de levar unha boa infancia non proporcionada polos seus propios pais. Creo que as mulleres deberían ter dereito ao aborto, polo seu ben, e polo do seu fillo; non só en casos de violación ou malformación do feto, senón cando ela o considere necesario.
Cando unha muller queda embarazada, pensa moito acerca do seu futuro, optando por posibilidades tales como a adopción. Non son moitos os casos nos que se decide abortar, pero se se fai, é verdadeiramente por unha razón; a razón de non poder manter un fillo, a razón de non lle poder proporcionar unha vida axeitada, unha educación, e uns dereitos. O libre aborto non supoñería un baixón na taxa de natalidade, porque agora mesmo superamos esta taxa chegando á superpoboación mundial.
Milles de nenos de diferentes nacionalidades morren por falta de alimento, auga, sen educación e recursos. Esa non é unha vida axeitada para ningún ser humano.

María Cirujano

Mensajes : 9
Fecha de inscripción : 15/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Marta Freire el Lun Mar 31, 2014 2:50 am

A nova lei do aborto restrinxe a liberdade das mulleres a hora de ter pu non ao seu bebe, en caso de malformaciósn ou violación esta aceptado, pero eu como muller que son e adolescente estou segura de que calquera rapaza que se vise no caso de estar esperando un bebe con esta idade non desexaria segur adiante posto que isto conleva a unha responsabilidade a que non estan preparadas para afrontar.Eu non estou de acordo con as autoridades deban aprobar ou neste caso prohibir o aborto xa que as mulleres son libres para decidir por elas mismas, penso que as autoridades deberían de respetar as dúas decisións e non darlle un castigo legal polas súas decisións. Por outro lado penso que a prohibición do aborto solo provoca que as mulleres neste caso mirense na obriga de sair do país para levalo a cabo ou no propio país en condicións pésimas e arriscando a súa vida.

Marta Freire

Mensajes : 8
Fecha de inscripción : 31/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Marta Freire el Lun Mar 31, 2014 2:59 am

Tonii escribiu:Hoxe en día a nosa xuventude non é consciente da responsabilidade que é traer un fillo o mundo. En moitas ocasións o alcol e as drogas fan que non se utilicen os métodos anticonceptivos como se deberían, e esa irresponsabilidade desembocará nun embarazo na maoría dos casos, embarazos non desexados que terán como consecuencia o querer practicar un aborto. A xuventude debería ser máis consciente deste feito e na miña opinión hai moita inconsciencia porque ata agora o aborto estaba permitido, e non pasaba nada se se producía o embarazo xa que o mes seguinte gratuitamente practicaban un aborto, por iso digo non o aborto e sí a ser mais conscientes e responsables.
Toni non estou dacordo contigo porque tamén existe a posibilidade de ter un embarazo non desexado coa utilización dos métodos anticonceptivos porque nada é seguro ao 100% e sempre pode existir o fallo o cal a parexa non ten porque estar baixo os efectos do alcohol nin de sustancias psicotrópicas. Estou segura de que si ti te vises no caso non che gustaría que unha lei lle prohibise a tú parella efectuar a súa decisión porque so ti saberias a situacion na que te atopas e non as autoridades.

Marta Freire

Mensajes : 8
Fecha de inscripción : 31/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Marta Freire el Lun Mar 31, 2014 3:19 am

Carla Lois escribiu:Na miña opinión, eu penso que nada máis poderíase abortar en certos casos, como na que o feto sufrise algunha malformación, a nai estivese en perigo, en caso de que fose violación, ou que non tivese suficiente recursos para poder coidalo e darlle unha boa vida. Aínda que penso que a nova lei non é xusta, xa que eu estaría dacordo con que as mulleres mallores de 16 anos podan abortar, sempre e cando sexa antes das 14 semanas, xa que aí o feto empeza a desarrollarse, pero aínda así recolle algúns puntos nos que estou dacordo, como excepción hasta 22 semanas si existe algún riesgo para a embarazada, ou graves anomalías co feto, ou se detecten anomalías incompatibles coa vida. Polo tanto opino, que o goberno  non debería lexislar sobre a lei do aborto.
Carla estou complemtamente de acordo contigo añadendo un caso que é o de que se produza un embarazo non desexado polo fallo dos métodos anticonceptivos, polo resto estou completamente dacordo contigo xa que penso que como ti dis que o goberno non deberia lexislar sobre a decision das mulleres, porque ninguna muller aborta por gusto nin deixa de utilizar os métodos anticonceptivos pola existencia do aborto xa que abortar conleva unha serie de síntomas no corpo que fan que non se atopen ben e ademais unha muller non pode abortar máis dunha vez xa que iso conlevaría problemas no seu futuro. En definitiva que ao igual ca ti penso que as mulleres deberían de poder decidir por elas mismas.

Marta Freire

Mensajes : 8
Fecha de inscripción : 31/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Carolina.Muñiz el Lun Mar 31, 2014 4:12 am

pedro.regadas escribiu:Na miña opinión o aborto non debería ser aceptado, xa que, por cada vez que alguén aborta pérdese una vida, que nun futuro podería ser coma nós. Por outro lado, existen casos de violacións ou abusos nos que se o suxeito queda embarazado si podería ter a opción de abortar, xa que non foi culpa súa chegar a esa situación. Penso tamén que poden exitir casos nos que unha muller queda embarazada de xeito accidental, e non conta con recursos dabondo para manter a vida do neno, e, nese caso, eu creo que debería poderse abortar.

A continuación, vou tomar como referencia o comentario citado mais a miña resposta engloba unha contraposición cara a mirada crítica dos que defenden  a ilegalización do aborto mais con contadas excepcións. O argumento empregado na meirande parte dos casos para defender esta postura é a perda dunha vida; deixando de lado os acontecementos funestos que recollen as excepcións continuamente alegadas, atopariámonos de igual maneira ante a mesma situación xa formulada, pois unha vida é unha vida con independencia do seu contexto e formación. Por esta razón, considero esta explicación un gran saco de fraquezas mais excesivamente vacuo. Compre clarificar con precisión a idea que se está a defender pois mesmo a matanza dun insecto é acabar con vida, unha vida que tamén pode ter un largo camiño por diante.

Por outra banda, certas opinións son a meu parecer inmoderadamente extremistas. A legalización do aborto non se traducirá no abusivo emprego deste servizo. Este servizo é unha facilidade cara as mulleres, unha opción máis para a diversidade existente. Con todo, o seu resultado non concluirá coa completa desaparición do sector infantil nin as súas consecuencias serán desmedidamente nefastas; en verdade, o estado xeral pode tornar cara a un alto beneplácito e seguridade.

Carolina.Muñiz

Mensajes : 9
Fecha de inscripción : 23/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Nazaret González el Lun Mar 31, 2014 4:16 am

Se o pensamos detidamente debemos facernos una pregunta a nos mesmos dándonos de conta dunha cousa, das consecuencias que provocaría que ninguén puidese abortar porque asi o consideran as autoridades.
Aínda que se mostrou prudente a hora de extrapolar eses datos a España suporía entre 10 e 260 mortes anuais como consecuencia dos 50.000 abortos clandestinos que traería consigo a nova lei, o doutor Rei Nova asegurou que “o que si é seguro e que estas consecuencias se poden producir”.
A este respecto, o presidente da SEC, Xosé Vicente González Navarro, sinalou que as dúas opcións que lle van a quedar a muller española é viaxar a un pais veciño se ten diñeiro ou recorrer o aborto clandestino. Os abortos clandestinos poden derivar nunha serie de consecuencias e complicacións físicas, que poden ser agudas e crónicas. Por outra parte, os expertos sinalan tamén as consecuencias económicas sociais, familiares e persoais. Enorme custe familiar, laboral, social y sanitario agravado na actual situación de crises e de recortes a axuda por dependencia.
O que non é fácil de comprender é que coa crises na que nos estamos a emerxer por culpa na meirande parte do goberno sexa él o que nos implante a lei que levara a moitas familias a afundirse economicamente. Realmente querermos que os nenos nazan nun pais onde o mellor poden morrer de fame dunha maneira peor ca se abortan. A decisión que tomaron as autoridades por todas as mulleres é inaceptable porque eles non son os que deben intervir nesas cousas quizais só nalgunhas, aínda así eles non saben o que trae consigo dedicar a tu vida a coidar a un bebe como mínimo dezaoito anos, porque eles por suposto non teñen pensado coidar de todos os nenos que nazan.

Nazaret González

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 29/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Miguel Muñiz el Lun Mar 31, 2014 5:04 am

pedro.regadas escribiu:Na miña opinión o aborto non debería ser aceptado, xa que, por cada vez que alguén aborta pérdese una vida, que nun futuro podería ser coma nós. Por outro lado, existen casos de violacións ou abusos nos que se o suxeito queda embarazado si podería ter a opción de abortar, xa que non foi culpa súa chegar a esa situación. Penso tamén que poden exitir casos nos que unha muller queda embarazada de xeito accidental, e non conta con recursos dabondo para manter a vida do neno, e, nese caso, eu creo que debería poderse abortar.

Pedro, discrepo no que argumentas de que se debe abortar se esa persoa non ten recursos abondo para mantelo, posto que se esa nai ou familia non ten suficientes recursos e é ese o único motivo para que queira abortar, actualmente existen unha serie de centros onde se poden dar en adopción e así mantelo, polo que nese caso na miña opinión, non existe ningunha necesidade de que se produza o aborto.

Miguel Muñiz

Mensajes : 12
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Yaiza Derbyshire Vieira el Lun Mar 31, 2014 5:54 am

Carolina.Muñiz escribiu:
pedro.regadas escribiu:Na miña opinión o aborto non debería ser aceptado, xa que, por cada vez que alguén aborta pérdese una vida, que nun futuro podería ser coma nós. Por outro lado, existen casos de violacións ou abusos nos que se o suxeito queda embarazado si podería ter a opción de abortar, xa que non foi culpa súa chegar a esa situación. Penso tamén que poden exitir casos nos que unha muller queda embarazada de xeito accidental, e non conta con recursos dabondo para manter a vida do neno, e, nese caso, eu creo que debería poderse abortar.

A continuación, vou tomar como referencia o comentario citado mais a miña resposta engloba unha contraposición cara a mirada crítica dos que defenden  a ilegalización do aborto mais con contadas excepcións. O argumento empregado na meirande parte dos casos para defender esta postura é a perda dunha vida; deixando de lado os acontecementos funestos que recollen as excepcións continuamente alegadas, atopariámonos de igual maneira ante a mesma situación xa formulada, pois unha vida é unha vida con independencia do seu contexto e formación. Por esta razón, considero esta explicación un gran saco de fraquezas mais excesivamente vacuo. Compre clarificar con precisión a idea que se está a defender pois mesmo a matanza dun insecto é acabar con vida, unha vida que tamén pode ter un largo camiño por diante.

Por outra banda, certas opinións son a meu parecer inmoderadamente extremistas. A legalización do aborto non se traducirá no abusivo emprego deste servizo. Este servizo é unha facilidade cara as mulleres, unha opción máis para a diversidade existente. Con todo, o seu resultado non concluirá coa completa desaparición do sector infantil nin as súas consecuencias serán desmedidamente nefastas; en verdade, o estado xeral pode tornar cara a un alto beneplácito e seguridade.

Carolina, estou completamente de acordo con teu argumentación mais utilizo esta oportunidade para deixar claro unha cousa. A principal razón pola que non habería unha desaparición da maioría do sector infantil é porque as mulleres que deciden abortar normalmente o fan como última opción xa que abortar non é prato de bo gusto para ninguén, supón uns dano psicolóxicos e físicos moi grandes. Claro que hai excepcións pero parece que maioría dos que están a favor da ilegalización do aborto ten a idea de que as mulleres que o fan se o toman á lixeira mais realmente isto non é así, sómente queren a oportunidade de poder elixir.

Yaiza Derbyshire Vieira

Mensajes : 12
Fecha de inscripción : 23/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: Deben as autoridades dar cobertura legal ás mulleres que deciden abortar?

Envío por Contenido patrocinado


Contenido patrocinado


Volver arriba Ir abajo

Páxina 5 de 7 Precedente  1, 2, 3, 4, 5, 6, 7  Siguiente

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro