É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Páxina 5 de 6 Precedente  1, 2, 3, 4, 5, 6  Siguiente

Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Nazaret González el Xov Feb 27, 2014 11:11 pm

Non debemos esquecer nunca que querer que alguén pague polos seus asasinatos, violacións etc, non nos fai mellor ca eles, tan so poñemos unha escusa para ser coma eles, iso e vinganza non xustiza, matar a alguén non che devolve o perdido e nin se queira che alivia o suficiente a pena.
Segundo o informe anual de execucións xudiciais da amnistía internacional, no ano 2003 foron executadas polo menos 1.146 en 28 países, e non me creo que iso séa a solución para reducir a criminalidade.
Con respecto a cadea perpetua, se non axudan os criminais dende que son pequenos para influír en eles dunha forma que faga que non se convertan no que son, non servira de nada e o final as cárceres terminaran repletas de presos que cumpran cadea perpetua.

Nazaret González

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 29/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Pilar Pardo el Xov Feb 27, 2014 11:14 pm

No meu parecer a pena de morte non debería implantarse en España xa que non é a solución de rematar coa criminalidade. En países como E.E.U.U. ou países orientais onde esta imposta a pena de morte seguen tendo altos índices de delincuencía. Ademais penso que unha persoa que comete un crime non debe de ser xulgada no primeiro momento, xa que pode estarse xolgando a un inocente como a pasado en casos anteriores, e isto significaría aumentar a criminalidae xa que lle arrebatas a vida a un inocente. Ao meu xuízo creo que é un bo castigo a cadea perpetua, aínda que non creo que isto reducira a criminalidade na sociedade.

Pilar Pardo

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 31/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Antía Abalo Aragunde el Ven Feb 28, 2014 3:13 am

Jose Rey escribiu:A pena de morte no meu parecer debería ser legal en España, pero so nos delitos máis graves e se se está seguro de quen o cometeu. Hai persoas que merecen esta medida, como por exemplo un xitano que onte matou a súa esposa embarazada. É verdade que a vida dunha persoa é sagrada e todo iso, visto dende o punto de vista relixioso. Pero hai veces que unha persoa comete actos que fan que a súa vida perda todo o seu valor.
Eu creo que a pena de morte frenaría un pouco a criminalidade porque saben ao que se enfrontan.
Estou completamente en desacordo contigo, non penso que persoas como o xitano do que falas merezan tan pouco castigo como matalo, non creo así que sufra nin a metade do que debería sufrir, o que eu penso é que en istos casos debería estar implantada a cadea perpetua, xa que así sería a única maneira de facer xusticia, e que persoas como estas sufran o castigo que merecen. Con isto non quero dicir que a cadea perpetua fose a solución para que deixase de haber crimes, pero si que polo menos faríase xustiza.

Antía Abalo Aragunde

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 28/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Miguel Muñiz el Ven Feb 28, 2014 5:54 am

Jorge Méndez escribiu:por Miguel Muñiz el Sab Feb 22, 2014 7:15 pmAo me parecer, a pena de morte proporciona un carácter disuasorio e intimidatorio, se o individuo é racional, e fai un balance sobre as vantaxes e desvantaxes de cometer un crime, a pena de morte, evitaría que o crime tivese beneficio algún. Ademais proporciona un sentimento de medo a poboación pola fuga ou á reincidencia,polo que este sentimento leva consigo, apoiar a pena de morte, posto que se o suxeito delincuente conseguise escapar do control penitenciario, podería cometer os mesmos delitos o en algúns casos moito peores
Non estou de acordo contigo miguel porque creo que si ti matas a ese delincuente os outros non se van intimidar nin moito menos e o numero de delincuencia vaise manter pero se ti estableces unha cadea perpetua facendo sufrir ó delincuente no grado do seu crime posiblemente os casos de delincuencia baixaran.

Podes ter razón, pero non unha democracia forte como é a do noso caso de España impediu a súa instauración no noso país en épocas anteriores. A clase política, non obstante, cedeu en parte introducindo numerosas reformas de endurecemento de penas, co fin de dar satisfacción ás citadas peticións, aínda conscientes de que os endurecementos non serven para reducir a criminalidade. Polo que non só os países con pena de morte teñen taxas superiores a países como o noso, onde non existen, senón que a cadea perpetua tamén presenta taxas superiores sobre a criminalidade. Entón non cres, seguindo co que opinas de que a cadea perpetua baixa a criminalidade, entón porque eses países que teñen implantada esa cadea non ten menos índices ca ou noso país ?.

Fonte: http://www.caongd.org/index.php?option=com_content&view=article&id=429:reflexion-sobre-el-retroceso-que-supondria-la-cadena-perpetua&catid=2:articulos&Itemid=7

http://www.caongd.org/index.php?option=com_content&view=article&id=429:reflexion-sobre-el-retroceso-que-supondria-la-cadena-perpetua&catid=2:articulos&Itemid=7

Miguel Muñiz

Mensajes : 12
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Aleixo el Ven Feb 28, 2014 6:20 am

Adrián Pérez escribiu:
Aleixo escribiu:
Non creo que a pena de morte aumente a delincuencia. Por que penso que se fose instaurada agora mesmo en España decaería a delincuencia pero moitas persoas serian mellor no que fagan.

En Canadá, o índice de homicidios diminuíu nos anos posteriores á abolición da pena de morte en 1976. Isto como verás Aleixo é un claro exemplo de que a pena de morte reduce a criminalidade, tamén o é saír á rúa cun megáfono pedindo que non se delinca durante o resto da túa vida, é máis eu animo che a que o fagas e despois da túa morte estudarase o efecto que tivo isto na delincuencia, quen sabe ao mellor ata aumenta, como coa pena capital.

http://noticias.lainformacion.com/mundo/amnistia-internacional-advierte-de-que-la-pena-de-muerte-no-reduce-los-delitos-graves-en-los-paises-que-la-aplican_d6NLr1kXRP2g7UNEIt4Uj5/
Como ti moi ben dis en Canadá no ano 1976 os homicidios diminuirón; pero podería haber unha segunda obción que fixera que diminuise a tasa de criminalidade? SI, No ano 1976 celebráronse en Canadá os Xogos olímpicos de Montreal. Ti cres que unha lugar onde se prodúzan moitos homicidios poderia ser unha boa imaxe para que fose mais xente a ver os Xogos; de ser así porque en vez de estar neste foro e no coléxio non te combirtes en anunciante de viaxes e fas unha imaxe tan boa sobre España da cantidade de homicidios para veren se a subida de turismo remata retirándonos desta miséria? Polo menos así comberteríaste nun heróe. Porque a persoa que sae a rúa cun megáfono e pide que non se cometan homicidios e mais intelixente que o que esta todo o jo#### día falándo de como se podería arranxar pero ao final non fai nada e cala a boca.

Aleixo

Mensajes : 21
Fecha de inscripción : 14/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Aleixo el Ven Feb 28, 2014 6:49 am

Alejandro Carricoba escribiu:
Aleixo escribiu:No que a min respecta; creo que a implantación da pena de morte non faría que se borrase da corteza terrestre a delincuencia. Coa pena de morte o único que se conseguiría sería reducir a cantidade de delincuentes e por outra parte que cada vez estes se volvesen mais profesionais para non seren capturados. Os delincuentes aparecen sempre que hai a necesidade de obter algo ou as ganas de telo e non hai medios para conseguilo. Se nos damos de conta países coma España e outros moitos teñen un menor índice de criminalidade que países coa pena de morte o que demostra que a pena de morte non fai desaparecer a delincuencia.
Como ben dis Aleixo, a implantación da pena de morte non extinguiría a delicuencia a nivel mundial pero non estou de acordo contigo en dous aspectos da túa opinión. Como primeiro aspecto teño que dicir que a pena de morte foi instaurada co único obxetivo da redución parcial dos casos de criminalidade e con isto os psicópatas non se farían máis profesionais nin máis expertos no seu ámbito, o que ocorrería, non en todos os casos, sería unha reflexión previa a acometida dun crime polas consecuencias que isto pode ter sobre eles. Como segundo aspecto teño que matizar que os criminais non aparecen pola necesidade de obter algo senon que na maioría dos casos son traumas, enfermidades ou discapacidades agochadas dende a infancia que provocan un brote de ira repentino hacia outras persoas.
Psicópatas. .........
Pensa.Son os de Eta psicópatas, persoas con traumas infantis, enfermidades ou un Grupo de persoas que comezou en contra do Caudillo e chegou ata querer a independenza? Na meirande parte das ocasions non son as persoas que ti dis os que matan.
Hai moita mais xente no mundo comezando polos narcos, os etarras e ....... . Son eles persoas de enfermidades ou problemas? Ou son persoas que seguen ordenes da súa ideoloxía?

Aleixo

Mensajes : 21
Fecha de inscripción : 14/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por candela janeiro el Ven Feb 28, 2014 6:54 am

Alejandro Carricoba escribiu:Na miña opinión, a pena de morte non é a solución para rematar coa delicuencia e co crimen. A pena de morte é un acto, actualmente levado a cabo dunha maneira desmesurada e con moi pouco control, que ten como finalidade rematar coa delincuencia sen a posibilidade da reinserción social. Moitos delincuentes, que non teñen porque ser asesinos nin psicópatas, atórgaselles a pena de morte dunha forma instantánea, de maneira que aínda que exista unha mínima probabilidade de arrepentimento non se lles permite esta oportunidade. Tamén é importante citar que nalgúns casos extremos, como perigosos psicópatas, a reinsercción na poboación é algo moi pouco probable, o que seguramente ocorra é que volvan a deleitir. Nestas ocasións a pena de morte otórgase na miña opinión dunha maneira correcta, sempre e cando exista unha longa premeditación co caso.

Estou de acordo contigo en que a única finalidade que ten a pena de morte é acabar coa delincuencia sen a posibilidade da reinserción social. Non obstante, discrepo en que en casos extremos a pena de morte se aplique de forma correcta. A cadea perpetua tamén evita que volvan delinquir estes psicópatas dos que falas pero sen quitarlles, desta forma, o dereito á vida que lles estamos a reclamar a eles.

candela janeiro

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 13/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por candela janeiro el Ven Feb 28, 2014 6:55 am

Envío por candela janeiro el Ven Feb 28, 2014 7:03 am

Ana Mato escribiu:
Jose Rey escribiu:A pena de morte no meu parecer debería ser legal en España, pero so nos delitos máis graves e se se está seguro de quen o cometeu. Hai persoas que merecen esta medida, como por exemplo un xitano que onte matou a súa esposa embarazada. É verdade que a vida dunha persoa é sagrada e todo iso, visto dende o punto de vista relixioso. Pero hai veces que unha persoa comete actos que fan que a súa vida perda todo o seu valor.
Eu creo que a pena de morte frenaría un pouco a criminalidade porque saben ao que se enfrontan.
Estou dacordo na aplicación dá pena de morte, pero tamén temos que valorar os casos, coma por exemplo, pena de morte para os terroristas, xenocidios, ou en temas moi determinados, probablemente se o sistema xudicial funcionase mellor isto sería evitable. Pero como nunca ninguén pódenos verificar ao 100% a tranquilidade de saber que a persoa que fixo tantas matanzas quedarase na cárcere de por vida, teríamos que aplicar a pena de morte xa que é o modo mais eficaz para ter a tranquilidade de vivir sen ter que ver a persoa que cometeu actos delinquivos graves.

Estou completamente en desacordo convosco, xa que creo que a pena de morte é un crime; condenamos un homicidio e solucionámolo con outro?

Ana, para encontrar o 100% esa tranquilidade da que falas, non se poderían implantar outro tipo de medidas na que ningunha vida sexa posta en perigo? Carolina en comentarios anteriores dixo que achegásemos ideas para substituír á pena de morte, comparto esta idea e creo que o que deberiamos facer é reformularnos como facer para salvar dúas vidas e non para deixar morrer a un e matar o outro.

candela janeiro

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 13/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por María Trabazo el Ven Feb 28, 2014 7:24 am

Ana Mato escribiu:Neste tema a tratar, a miña opinión e que a pena de morte se debería implantarse non noso país. Pero o tema é se ao implantala reducirá a criminalidade, e esta pregunta ten varias respostas, pode que ás persoas, os delinquentes mais ben, ao saber a que están sometidos, cometan menos crimes tendo conciencia de que despois van a arrebatarlle a vida. Todas ás persoas teñen dereito, e teñen dereito a vida, pero, se estas lle quitan a vida a moitas outras por vinganza, sen ningún argumento factible ou demáis, por que eles ten que vivir "ben" na cárcere e non sufrir ou mesmo que sufriron ás victimas, contando tamén con familias, e cercans a eles? Outro lado, e que non fagas aos demais o que non queres que te fagan a ti, por esta afirmación, os que asasinan, violan, atracan nenas, familias enteiras, calaquera persoa, non debería facelo sabendo ás consecuencias que lle tocan despois. O tema a tratar é se isto rematará a delincuencia, pois ben, si, porque sabendo que se cometes un tipo de crime, despois estarás sometido a pena de morte, te pensas todo un pouco mais, aínda sen escrúpulos.

Non estou de acordo co teu razoamento. Os delincuentes non pensan nas consecuencias dos seus actos, polo que implantar este tipo de castigo non sería a solución para diminuír nin moito menos para rematar coas actividades ilícitas. Unha mellor educación ou a existencia de profesionais que axuden aos que xa causaron algún mal son o tipo de solucións que se necesitan.
Se ben é certo que o noso instinto, en caso de atoparse nesta situación, moveríanos a tomar represalias contra o autor do crime en cuestión, como animais racionais que somos temos que controlar os nosos impulsos, xa que é tan asasino aquel que mata por loucura ou vinganza como aquel que o fai premeditadamente coa escusa de que é “a modo de castigo” ou “para evitar que o volva facer”. Para iso existe a cadea perpetua.

María Trabazo

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por María Trabazo el Ven Feb 28, 2014 8:00 am

pablolino escribiu:Tal como dixo Carlos Bousoño, sosteño unha opinión similar a súa, onde argumento, igual ca él, que non todos temos a mesma visión para poder xuzgar a unha persoa a pena de morte ou non, pois para min, unha persoa que é detida por ter no seu poder 1 kilo de droga, non debe ser castigada con pena de morte ( é para moitos de vos tampouco); pero unha home que asesina a 10 mozas, despois de maltratalas e violalas, neste sentido, se eu fóra xuíz, penalizaría a esa "persoa" con pena de morte, pois, este delincuente non teñe un perdón na xustiza ni na sociedade, e tampouco aprobaría a reeformación psíquica. Neste último exemplo, moitos de vos estariades de acordo conmigo, posto que, no caso de que o home se arrepinta, vivir toda a súa vida entre catro paredes, se iso é vivir, non é disfrutar moito da túa vida.

Aínda que coincido con ambos os dous no referente a que a condena que debería cumprir un posuidor de estupefacientes e unha persoa que violou, maltratou e/ou asasinou a varias persoas non debe ser a mesma; discrepo no relacionado con que este último mereza a pena de morte. Ninguén ten o dereito de privar a outra persoa da súa vida, ninguén pode violar os dereitos humanos, e todos aqueles que o fan, independentemente do súa situación social, económica ou profesional, son igual de criminais. Por iso pregunto, se a persoa vinculada con esas dez persoas mencionadas non ten perdón nin na sociedade, nin na xustiza, por qué ha de telo outra persoa que vai cometer miles de asasinatos ao levar a cabo esta sanción?
“(…)no caso de que o home se arrepinta, vivir toda a súa vida entre catro paredes, se iso é vivir, non é disfrutar moito da túa vida”. Respondendo a isto, esta persoa non merece gozar da vida, aínda que se arrepinta; debe pagar polo que fixo e non hai que facerlle a vida máis fácil, sen embargo, o prezo no debe ser a súa vida.

María Trabazo

Mensajes : 11
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Fran Sabarís el Ven Feb 28, 2014 8:42 am

Noel Curra escribiu:Dende a miña opinión non creo que a pena de morte sexa a medida máis acertada, posto que  ninguén ten dereito de quitar a vida. Este mandato non fai disminuir o número de secuestros,crímenes e violacións xa que isto non lle axusta aos delincuentes. E agora eu me pregunto, ¿ Que  pasaría se unha persona é executada e declárase inocente? Penso que esta pena sería un gran retroceso cara a sociedade, innnecesaria e inhumana. Sería una gran decepción imprantar a aplicación de ollo por ollo, dente por dente.
Estou dacordo coa túa opinión aínda que lle vexo algunha lagoa. É verdade que si unha persoa fose executada e se declarase inocente sería un problema bastante considerable, pero dende o meu punto de vista, nalgúns casos non creo que sexa un retroceso na sociedade. Esto afirmo posto que se cometen crimes moi graves nos que a pena de morte sería aplicable. Por outro lado, dis que non disminuiría a delincuencia, eu opino o contrario xa que faría recapacitar ós criminais e pensar sobre as consecuencias que podería ter cometer o determinado delito.

Fran Sabarís

Mensajes : 8
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Jorge Méndez el Ven Feb 28, 2014 8:43 am

Miguel Muñiz, ben certo é que existen paises con pena de morte que teñen o mesmo número de actos bandalicos e delincuencia cos de cadea perpetua pero non por eso e mellor a pena de morte, ainda que alguien cometa un crime moi grave, como.o do maraton de Boston, ti a ese alguen non o podes matar porque por unha parte seria unha solucion moi facil e por outra estarias baixandote ó seu nivel. Por outra banda decir que hai delincuentes que cometen crimes porque lle gusta e da igual que exista pena de morte ou cadea perpetua que o van a seguir facendo

Jorge Méndez

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Adrián Pérez el Ven Feb 28, 2014 10:30 am

Aleixo escribiu:
Como ti moi ben dis en Canadá no ano 1976 os homicidios diminuirón; pero podería haber unha segunda obción que fixera que diminuise a tasa de criminalidade? SI, No ano 1976 celebráronse en Canadá os Xogos olímpicos de Montreal. Ti cres que unha lugar onde se prodúzan moitos homicidios poderia ser unha boa imaxe para que fose mais xente a ver os Xogos; de ser así porque en vez de estar neste foro e no coléxio non te combirtes en anunciante de viaxes e fas unha imaxe tan boa sobre España da cantidade de homicidios para veren se a subida de turismo remata retirándonos desta miséria? Polo menos así comberteríaste nun heróe. Porque a persoa que sae a rúa cun megáfono e pide que non se cometan homicidios e mais intelixente que o que esta todo o jo#### día falándo de como se podería arranxar pero ao final non fai nada e cala a boca.

Gústame esa tese que fas de que os homicidios se reduciron en Canadá polos xogos olímpicos, o que non entendo é por que nun país que se van realizar en pouco tempo uns xogos olímpicos e aumenta a criminalidade, como é Brasil(desde 1980 ata o 2011 a taxa de homicidios ascendeu de 11,7% a 27,1%). Ademais de que non creo que fagan falta máis axentes de viaxes no noso país, pois o turismo aumento no pasado curso, o que si que fai falta é xente que propoña solucións efectivas e non o que o teu propós de asasinatos a xente que nalgúns casos se arrepinte dos feitos acaecidos ou que foi condenada inxustamente.

http://www.eluniverso.com/noticias/2013/07/28/nota/1214241/criminalidad-brasil-supera-conflictos-armados

Adrián Pérez

Mensajes : 24
Fecha de inscripción : 23/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Noel Curra el Ven Feb 28, 2014 12:42 pm

Eu volvo a reiterar que non se debería aplicar a pena de norte, xa que a pena de morte fáiselle propaganda como un freo ante a criminalidade, o cal non é certo. Bástame con dicir que os países con máis índice de violencia e criminalidade son os que teñen instaurado a aplicación da pena de morte, non o digo eu senón que está comprobado. Dito isto, teño que manifestar a miña rotunda oposición cara a túa última opinión.

Noel Curra

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 28/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

CEO OU INFERNO?

Envío por beatrizgomezamoedo el Ven Feb 28, 2014 7:39 pm

https://www.youtube.com/watch?v=mR5KJ5PTSWY

32 30 catro números que en forma de minutos neste vídeo amosarán por qué considero que a pena de morte non merece a pena. Un home foi acusado e cando a sua morte xa era unha realidade mostrouse a súa inocencia. Foi posto en liberdade pero e se a sorte auqel día non xogase ao seu favor? Unha esquela máis no xornal que ninguén vería e que a dous ou catro debría aliviar.

https://www.youtube.com/watch?v=z6mxdUT1QCk
Iréi cara o ceo? Así comeza este documental que amosa algo máis que unha execución, amosa todo o que iso conleva. Unha entrevista cun `protagonista que lonxe de ser un `principe neste conto e o antagonista.

beatrizgomezamoedo

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 22/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

CEO OU INFERNO? INFERNO

Envío por beatrizgomezamoedo el Ven Feb 28, 2014 8:05 pm

Respondendo a pregunta plantexada no meu anterior comentario. Afirmo que probablemente os presos sentenciados diríxense cara o ceo porque o inferno é a cadea perpetua. Moitos de vós afirmades que a cadea perpetua non é castigo suficiente. Baixo o meu punto de vista, non debemos xuzgar sen documentarnos pero non con páxinas web aque amosan puntos de vista manipulados senon con imaxes, coa realidad.
https://www.youtube.com/watch?v=Qdq0DKmn5aE

beatrizgomezamoedo

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 22/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Alejandra Portas Murillo el Ven Feb 28, 2014 10:49 pm

Lendo os comentarios, estou dacordo co comentario de Pilar, como xa dixen nos anteriores comentarios, non estou dacordo coa pena de morte? Vale, é certo que pode disminuir a delincuencia pero é o mesmo que metes a alguén na cárcere e que o dixeis alí ata que morra. Creo que non é tan cruel como matar a alguén xa que é unha vida, e ninguén ten dereito a morrer por facer unha delincuencia. Aínda si que ten todo o dereito de estar metido na cárcere xa que se é un delincuente non ten porque estar pola rúa se ao fin vai delinquir dalgunha forma, ou roubando, ou matando a alguén ou cometendo outros erros. En conclusión, a opena de morte non debería de estar aceptada pero si a cadea perpetua.

Alejandra Portas Murillo

Mensajes : 6
Fecha de inscripción : 26/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por pablolino el Ven Feb 28, 2014 10:54 pm

No meu último comentario, quero defender de novo que a pena de morte debe ser legalizada en todo os países desenvolvidos xa que así a delincuencia baixará aínda que nalgúns países non se demostre o dito. Persoas que asesinan a centos de mulleres e sóamente están na cárcere 10 anos, provoca que as familias dos mortos síntanse avergonzadas e doloridas.

pablolino

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 22/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Noel Curra el Ven Feb 28, 2014 11:03 pm

Fran Sabarís escribiu:
Noel Curra escribiu:Dende a miña opinión non creo que a pena de morte sexa a medida máis acertada, posto que  ninguén ten dereito de quitar a vida. Este mandato non fai disminuir o número de secuestros,crímenes e violacións xa que isto non lle axusta aos delincuentes. E agora eu me pregunto, ¿ Que  pasaría se unha persona é executada e declárase inocente? Penso que esta pena sería un gran retroceso cara a sociedade, innnecesaria e inhumana. Sería una gran decepción imprantar a aplicación de ollo por ollo, dente por dente.
Estou dacordo coa túa opinión aínda que lle vexo algunha lagoa. É verdade que si unha persoa fose executada e se declarase inocente sería un problema bastante considerable, pero dende o meu punto de vista, nalgúns casos non creo que sexa un retroceso na sociedade. Esto afirmo posto que se cometen crimes moi graves nos que a pena de morte sería aplicable. Por outro lado, dis que non disminuiría a delincuencia, eu opino o contrario xa que faría recapacitar ós criminais e pensar sobre as consecuencias que podería ter cometer o determinado delito.
Eu volvo a reiterar que non se debería aplicar a pena de norte, xa que a pena de morte fáiselle propaganda como un freo ante a criminalidade, o cal non é certo. Bástame con dicir que os países con máis índice de violencia e criminalidade son os que teñen instaurado a aplicación da pena de morte, non o digo eu senón que está comprobado. Dito isto, teño que manifestar a miña rotunda oposición cara a túa última opinión.

Noel Curra

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 28/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por iñigo bellido guerra el Ven Feb 28, 2014 11:08 pm

María Trabazo escribiu:
pablolino escribiu:Tal como dixo Carlos Bousoño, sosteño unha opinión similar a súa, onde argumento, igual ca él, que non todos temos a mesma visión para poder xuzgar a unha persoa a pena de morte ou non, pois para min, unha persoa que é detida por ter no seu poder 1 kilo de droga, non debe ser castigada con pena de morte ( é para moitos de vos tampouco); pero unha home que asesina a 10 mozas, despois de maltratalas e violalas, neste sentido, se eu fóra xuíz, penalizaría a esa "persoa" con pena de morte, pois, este delincuente non teñe un perdón na xustiza ni na sociedade, e tampouco aprobaría a reeformación psíquica. Neste último exemplo, moitos de vos estariades de acordo conmigo, posto que, no caso de que o home se arrepinta, vivir toda a súa vida entre catro paredes, se iso é vivir, non é disfrutar moito da túa vida.

Aínda que coincido con ambos os dous no referente a que a condena que debería cumprir un posuidor de estupefacientes e unha persoa que violou, maltratou e/ou asasinou a varias persoas non debe ser a mesma; discrepo no relacionado con que este último mereza a pena de morte. Ninguén ten o dereito de privar a outra persoa da súa vida, ninguén pode violar os dereitos humanos, e todos aqueles que o fan, independentemente do súa situación social, económica ou profesional, son igual de criminais. Por iso pregunto, se a persoa vinculada con esas dez persoas mencionadas non ten perdón nin na sociedade, nin na xustiza, por qué ha de telo outra persoa que vai cometer miles de asasinatos ao levar a cabo esta sanción?
“(…)no caso de que o home se arrepinta, vivir toda a súa vida entre catro paredes, se iso é vivir, non é disfrutar moito da túa vida”. Respondendo a isto, esta persoa non merece gozar da vida, aínda que se arrepinta; debe pagar polo que fixo e non hai que facerlle a vida máis fácil, sen embargo, o prezo no debe ser a súa vida.
Estou dacordo coa túa opinión aínda que lle vexo algunha lagoa. É verdade que si unha persoa fose executada e se declarase inocente sería un problema bastante considerable, pero dende o meu punto de vista, nalgúns casos non creo que sexa un retroceso na sociedade. Esto afirmo posto que se cometen crimes moi graves nos que a pena de morte sería aplicable. Por outro lado, dis que non disminuiría a delincuencia, eu opino o contrario xa que faría recapacitar ós criminais e pensar sobre as consecuencias que podería ter cometer o determinado delito.

iñigo bellido guerra

Mensajes : 16
Fecha de inscripción : 01/02/2014
Edad : 22

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por iñigo bellido guerra el Sab Mar 01, 2014 1:07 am

Ricardo veiga escribiu:
Carmen Esteban Campos escribiu:
Carmen Esteban Campos escribiu:Na miña opinión a pena de morte é un tema moi serio. Eu non estou de acordo coa súa implantación no noso país, opino que ninguén ten o dereito de decidir si quitarlle ou non a vida a unha persoa, isto é porque en moitos casos podes equivocarte, pensar que o culpable é alguén que en realidade non fixo nada e por unha simple confusión arrebatarlle a vida a alguén inocente. E moito menos penso que é a solución para reducir a criminalidade, penso que as persoas que realizan delitos graves non pensan igual ca nos, polo que fora cal fora o castigo seguirían realizando os mesmos delitos. Unha persoa no seu xuízo pensaría nas consecuencias e se daría conta de que non lle compensaría cometer tal delito, pero repito, as persoas que fan ditas cousas NON son persoas normais, non razoan igual ca nos xa que se o fixeran non se lles pasaría pola cabeza cometer un delito tan grave como para ser condenado a cadea perpetua. Polo que, en conclusión, estou totalmente en contra da pena de morte aínda que pense que nalgunhas ocasións existen persoas que si merecen morrer, pero en ningún caso é xustificable rebaixarse ao seu nivel, xa que ao matar a este tipo de persoas estamos facendo o mesmo que fixeron eles, sen ningún beneficio, isto é, a criminalidade non se reduciría o suficiente como para que compensase cometer un acto así.

Quería dicir: "non razoan igual ca nos xa que se o fixeran non se lles pasaría pola cabeza cometer un delito tan grave como para ser condenado a *pena de morte*"
Non estou dacordo na argumentación exposta por vostede, xa que nos países que implantan a pena de morte, están seguros de que o autor do crime é o que vai a sufrir a pena, por outra vanda, está demostrado que a maioría dos criminais que cometen graves delitos, non se arrepinten dos seus feitos, e estes só teñen unha pena de cárcel de vinte anos (no noso país), eu penso que isto é un grave erro, deberíase de implantar a cadea perpetua nos casos máis graves, sen considerar necesario a pena de morte.

Non estou dacordo con tigo Ricardo xa que si vostede estubese en Los Estados Unidos e cometiese una ilegalidade no le gustaría que le posesen a pena de morte. Pois pour otro lado teñí que dalle a razón ya que e mellor que un criminal este na cárcel o tempo necesario por o delito que a cumplido, por iso e meyor a pena perpetua.

iñigo bellido guerra

Mensajes : 16
Fecha de inscripción : 01/02/2014
Edad : 22

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Diego Fontán el Sab Mar 01, 2014 3:31 am

Ana Mato escribiu:Neste tema a tratar, a miña opinión e que a pena de morte se debería implantarse non noso país. Pero o tema é se ao implantala reducirá a criminalidade, e esta pregunta ten varias respostas, pode que ás persoas, os delinquentes mais ben, ao saber a que están sometidos, cometan menos crimes tendo conciencia de que despois van a arrebatarlle a vida. Todas ás persoas teñen dereito, e teñen dereito a vida, pero, se estas lle quitan a vida a moitas outras por vinganza, sen ningún argumento factible ou demáis, por que eles ten que vivir "ben" na cárcere e non sufrir ou mesmo que sufriron ás victimas, contando tamén con familias, e cercans a eles? Outro lado, e que non fagas aos demais o que non queres que te fagan a ti, por esta afirmación, os que asasinan, violan, atracan nenas, familias enteiras, calaquera persoa, non debería facelo sabendo ás consecuencias que lle tocan despois. O tema a tratar é se isto rematará a delincuencia, pois ben, si, porque sabendo que se cometes un tipo de crime, despois estarás sometido a pena de morte, te pensas todo un pouco mais, aínda sen escrúpulos.
O meu xuízo é totalmente dispar ao teu, Ana. Os seres humanos non somos deuses, non podemos gozar do dereito de arrebatarlle a vida a una persoa, xa que non posuímos ese dereito. O feito de castigar a un criminal por un delito ten implícito deixar claro que ese delito terá unas consecuencias, o cal non se demostra coa pena de norte. Como un delito vai ser castigado coa mesma acción pola que se sanciona? Pénsao, é una incongruencia. A solución non é a pena de morte, e, dende logo, non se pode propoñer semellante “solución” coa finalidade de que sirva de lección, xa que, como ti mesma dis, “non fagas aos demais o que non queiras que te fagan a ti”. Lembra que as persoas que cometen a maioría dos delitos penados coa pena de norte, son persoas que non son psicoloxicamente sas. A solución é matalos?

Diego Fontán

Mensajes : 14
Fecha de inscripción : 15/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por EnriqueMartinezPrieto el Sab Mar 01, 2014 7:52 am

Depois de ler a gran parte dos mensaxes que se han posto neste apartado do foro sigo mantendo a postura parcial que adopté ao principio deste tema planteado, penso que ninguen pode decidir sobre o dereito a vivir ou morrer, senon retirar dalgunha forma a sua libertade manteñendo ao preso en cadena perpetua ou teaballos forzados

EnriqueMartinezPrieto

Mensajes : 10
Fecha de inscripción : 20/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Elena Pardo Rubio el Sab Mar 01, 2014 8:10 am

O primeiro estudo realizado nesta dirección realizouse no 1935 por Robert Dann. Nesta examinouse que o número de crimes cometidos sesenta días despois da execución de cinco sentenciados que recibiron moita publicidade, atópase que os crimes aumentaron en vez de reducirse. Unha posible explicación a este fenómeno descansa no efecto que establece que os criminais motívanse nunha loita por retar á pena de morte cando esta recibe atención de parte das autoridades e do público.

Sen embargo non é o único estudo que demostra este feito. A pesar diso, continua sendo apoiada por unha gran porcentaxe da poboación (incluso un 90% da poboación americana), quen defende que aínda que non é a solución ó problema que a delincuencia ocupa nas nosas vidas, seguirían ansiando este drástico castigo. Tal vez o vello lema “ollo por ollo e dente por dente” impera nesas persoas, algo que demostra o retorno ó pasado que constantemente parece que vivimos cando temos en conta cuestións desta índole. 

Elena Pardo Rubio

Mensajes : 9
Fecha de inscripción : 24/01/2014

Ver perfil de usuario

Volver arriba Ir abajo

Re: É a implantación da pena de morte a solución para rematar coa delincuencia?

Envío por Contenido patrocinado

Contenido patrocinado

Volver arriba Ir abajo

Páxina 5 de 6 Precedente  1, 2, 3, 4, 5, 6  Siguiente

Volver arriba

Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro